Nas conversacións, cada vez que xorde o tema dos bosques en Galicia, aparecen os eucaliptos. Esas bestas vexetais, eses monstros que esnaquizan os bosques, non son árbores. E non digamos dos que os plantan, insensibles, só pensan no diñeiro, se deixasen o monte como estaba, van acabar con todo.
O bo do asunto é que todos teñen razón, os que están a favor e os que están en contra. O que ten un monte, que non vale nada, ou que si que vale, quererá sacarlle beneficio, e se pode ser máis pronto que tarde mellor.
Existen unha chea de razóns a favor do eucalipto e de quen os planta, cada un atopa as súas. Da mesma forma os que están en contra, tamén, atópanas.
O que non ten discusión é que a superficie plantada de eucalipto cada vez é maior, en detrimento de as especies autóctonas e, por exemplo, o piñeiro. Vese polo monte talas de piñeiro que replantáronse de eucalipto. Hai noticias que falan de superficie duplicada nos últimos 15 anos, iso e moita superficie.
Antes limitábase á zona da costa, por iso de que o eucaliptos non soportaban as xeadas. Pero coa implantación do “Eucalitus nitens” que soporta moito mellor o frío e as pragas estase a expandir ao resto de Galicia. Nestes últimos anos están a aparecer manchas en Becerrea, Navia de Suarna, etc. O de Lugo xa hai tempo que o traspasaron. É cuestión de tempo que invadan o resto de Galicia.
O problema é tal que en Asturias un tribunal ditou sentencia en contra do “nitens”:
Nos, en Galicia, estamos a espera, coma sempre.
Aquí quen ten que tomar cartas no asunto é a administración cunha serie de actuacións para impedir os desmáns que actualmente existen. Pero resulta que é todo o contrario o ano pasado no DOG saíu unha lei publicando axudas para o fomento da silvicultura en bosques do medio rural. Isto é unha noticia moi boa, pero ten o seu aquel. Resulta que se subvenciona o piñeiro, frondosas, soutos de castiñeiros e, ao mesmo nivel, os mesmos diñeiros, que os demais, o eucalipto. No canto de potenciar as plantacións autóctonas, tamén se potencia o eucalipto.
Agora é o momento de soltar as preguntas: ¿Quen ten a culpa de que en Galicia haxa cada vez máis eucaliptos?. ¿A quen beneficia que se planten eucaliptos? Aí déixoas.
A continuación deixo o enlace a o DOG e un pequeno resumo.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141002/AnuncioG0165-290914-0001_gl.pdf
Coníferas: |
|
Rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm e razón media altura a diámetro menor de 90. | |
Tipo de actuación | Importe |
a) Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm que acaden unha densidade final entre 900 e 1.100 pés/ha | 1.031,41 €/ha. |
b) Trituración dos restos, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como bio-masa: | 682,68 €/ha. |
Rozas previas ás podas e podas en masas de coníferas: | |
Tipo de actuación | Importe |
a) Rozas previas á realización de podas en masas de coníferas: | 515,16 €/ha. |
c) Podas altas en masas de coníferas de elevada calidade con menos de 23 cm de diámetro: | 777,40 €/ha. |
d) Trituración de restos de poda, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa: | 682,68 €/ha. |
Frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras: |
|
Tipo de actuación | Importe |
a) Rozas: | 696,73 €/ha. |
b) Formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e poda ata 1/3 da altura como mínimo: | 508,40 €/ha. |
c) Selección de abrochos: | 694,87 €/ha. |
d) Rareos: | 837,08 €/ha. |
Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros |
|
Tipo de actuación | Importe |
a) Rozas: | 696,73 €/ha. |
b) Podas: | 661,40 €/ha. |
c) Tratamento fitosanitario: | 131,87 €/ha. |
d) Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro resistente á tinta: |
194,77 €/ha. |
Eucalipto |
|
Tipo de actuación | Importe |
a) Poda en plantacións de eucalipto, cunha altura media de 8 metros e unha densidade máxima de 1.200 pés/ha | 792,24 €/ha. |
b) Rareo en plantación de eucalipto: | 627,82 €/ha. |
c) Selección de abrochos de eucalipto e extracción ou eliminación de restos en terreos nos cales nos últimos 5 anos se realizou unha corta total da masa | 694,87 €/ha. |
d) Poda de abrochos de eucalipto, ó ano seguinte o de realizarse unha selección de abrochos (c), con poda da totalidade dos abrochos existentes ata unha altura mínima de 2,5 metros e máxima de 4 metros: | 792,24 €/ha. |
No caso de solicitarse axuda para a alínea a) é obrigatorio solicitar a alínea b) para a mesma superficie; non se pode solicitar a alínea b) unicamente. | |
No caso de solicitarse axuda para a alínea c) é obrigatorio solicitar a alínea d) para a mesma superficie; non se pode solicitar a alínea d) unicamente. |
Leave a Reply
You must be logged in to post a comment.