Maio 2018
M T W T F S S
« Xan    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

En Caamouco.Net

Penencia (Doniños)-Prioriño-O Pieiro

 IMG_20160114_101755257       Localización: Concello de Ferrol
 Data: 14 de xaneiro de 2016
Distancia: 14.44 km
 Altitude máxima:  194 m
 Altitude mínima:   12 m
 Bicicleta:  Apta para bicicleta na súa totalidade.
 Como chegar: Autoestrada AP-9, despois da ponte da ría de Ferrol, saída ao polígono Rio do Pozo, estrada nova ao porto exterior, ao cabo duns cantos quilómetros se colle a saída a Valón/Prioriño/ Praia de Doniños e unha vez na estrada de Doniños se continua ata o final da estrada.
Desde o complexo deportivo da Malata, continúase cara a Valón, no cruce de Valón séguese cara a Doniños.

Comentarios:

Esta ruta percorre unha zona de Ferrol que a min, en particular, gústame moito. Percorre a costa oeste desde Penencia a Prioriño e volta por O Pieiro e Monteventoso, aínda que nesta ocasión non subín. Ten un pouco de todo, vistas espléndidas da costa oeste, paraxes agrestes e solitarios, ruínas das antigas baterías de costa, pobos apartados e moi pouco asfalto. É moi parecida a: http://pateo.caamouco.net/archives/876

Empezaremos na praia de Doniños na parte de Penencia desde o aparcadoiro que hai un pouco máis abaixo do refuxio de Lumebó. Subiremos a punta de Penencia deténdonos en observar as vistas da praia polo norte e, polo sur, os cantís. Se choveu moito pódese divisar unha pequena fervenza que cae directamente ao mar. Desde punta Penencia toca encarar unha pronunciada subida pero só un tramo, ao pouco desviámonos á dereita, seguindo un camiño que vai por toda a costa. Este camiño pronto se converte en carreiro, que por certo na data que fun baixaba moita auga e converteuse nun regato.

O carreiro non ten dificultade só seguir todos os desvíos á dereita para ir o mais pegado á costa posible. Despois de pasar un regato baixo cara aos cantís para ver se podo atopar a fervenza pero nada, non se pode ver desde arriba.

Continuando o carreiro e, despois dunhas subidas e baixadas, cruzamos un muro de pedra por un paso, baixando a outro regato que, se o tempo é chuvioso, custaranos cruzalo, poñendo a proba o Goretex.

Deixamos o carreiro e pasamos a un camiño. Imos pola esquerda e ao pouco divisamos as primeiras baterías de costa que, por certo, é unha pena ver no estado de abandono que se atopan. Hai poucos días decátome polo xornal que as están utilizando, con permiso de defensa, como cuadras para o gando, vacas. Sen comentarios.

Despois de ver as baterías e admirar as vistas continuamos o camiño que agora é máis ancho. Atoparémonos cun cruzamento de camiños máis estreitos que ignoramos. Aparécenos a vista do Cabo Prioriño Grande á dereita e ao fondo, á esquerda o Cabo Prioriño Chico, co seu faro e o radar para o control do tráfico marítimo. Despois duns poucos metros desviámonos por un carreiro pouco marcado á dereita, baixando entre toxos cara á praia Plagueiras.

Pódese ver o monumento conmemorativo aos falecidos no accidente do Hidroavión da Armada “Dornier”, accidentado en 1930, e o camiño que se dirixe a el, esa é a nosa dirección. O mesmo que as baterías, merece un pouco de coidado. Non lle viría nada mal un arranxo do lugar e sinalizar o monumento, en fin, parece que non lle tocaron desde que o erixiron, outro despropósito máis do concello.

Pasando o monumento chegaremos a un camiño que baixa aos túneles dos proxectores utilizados como apoio das baterías de costa para iluminar aos posibles brancos (barcos). Merecen unha visita e admirar a espléndida contorna. Tede en conta que é necesario entrar con moita precaución polos posibles perigos. A vista dos cantís co mar rompendo sobre as rochas é impresionante. O día que fun había un coche, sen dúbida dos pescadores, aparcado dentro dos túneles.

Despois continuaremos polo camiño pasando pola depuradora de Ferrol e a estrada de acceso ao Faro de Prioriño Chico e a batería de Punta Viñas. Subiremos pola estrada cara a O Pieiro pero nos desvaremos antes por un camiño á esquerda. Chegando ao carreiro por onde baixamos ao monumento do avión. Xusto nese sitio parte outro carreiro á dereita que se dirixe a uns prados do Pieiro e, pasando por detrás do pobo, sairemos á estrada. Desta parte un camiño que sobe cara a Monteventoso. Antes de chegar á subida propiamente dita desviarémonos a esquerda para, un pouco máis adiante, baixar por unha devasa/camiño cunha forte pendente ata a praia de Penencia (Doniños).

 

 

 

Powered by Wikiloc

 

Descarga do Track: Doniños-Prioriño-O Pieiro 14 de xaneiro de 2016

Prio01

 

A voltas por PrioriñoRELEVO

 

Leave a Reply