|
|
Localización: | Vega de Espinareda (León) Ancares leoneses |
| Data: | 06 de outubro de 2007 | |
| Distancia: | 19,23 Km. | |
| Como chegar: | Situados en Villafranca del Bierzo, ímos a Cacabelos, xusto despois de cruzar o rio Burbia, collemos a estrada da esquerda (LE-711) en dirección a Vega de Espinareda. Alí tamén tras pasar ou río Cua, collemos a esquerda cara a Moreda e alí cara a Burbia. | |
Comentarios:
O pobo de Burbia é un fermoso pobo leonés, dende alí ai moitas rutas a cal delas máis apaixonantes. Ésta vai directa ao pico Mostallar, Mustallar ou Mostellar, pois así o teño visto nomeado en carteis ou mapas. O pico Mostallar é un dos picos mais emblemáticos dos Ancares (1934m).
A ruta comenza ao final do pobo por un camiño moi ben marcado, non ten perda, ademaís sempre se ve o pico alá no fondo como esperando.
Despois de pasar por un souto de castiñeiros, a medida que camiñamos sempre atopamos un maís grande, atravesamos o río Burbia, e ahí escomenza a subida, ai que tomar aire porque cada vez se fai máis empinada a condenada, pasamos pola costa do Reventón (un nome moi adecuado, por que efectivamente, reventa).
Bufa que bufa, chegamos a Mallada do Mostallar, (e así como se chaman aquí a os pasos entre montañas). Está situada entre o Pico Penalonga, á dereita, e ou pico Mostallar, á esquerda. Se miramos cara arriba veremos a subida que nos queda aínda, é o tramo final, é quizás o tramo máis duro, pero aseguro que vale a pena.

