Setembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

En Caamouco.Net

Central Ventureira – Encoro parte Monfero – Altos de Sanguiñedo

senda-da-pasa-vella-08-de-septiembre-de-2007-013

Localización: Concello de Monfero (A Coruña)
Data: 08 de setembro de 2008
Distancia: 20,41Km.
Como chegar: Autoestrada AP-9, saída de Pontedeume, xusto despois da peaxe cóllese a estrada que vai As Pontes ata As Neves, no Concello Da Capela. Dende aquí, vaise polo desvío da central eléctrica do Eume.

Comentarios:

Situados na antiga central da Ventureira, súbese pola estrada que vai a Monfero. Despois dunhas cantas voltas aparece un camiño pola dereita cun letreiro informativo da senda da Pasavella, que por certo, é un precioso paseo. Esta senda lévanos ao encoro onde hai unha construcción en forma de torre circular. Esta é a toma de auga, que atravesando a montaña por un túnel, leva a auga ata a central. Unha vez deixado o encoro tomamos un carreiro pola esquerda que nos sube aos altos de Sanguiñedo, onde podemos deleitarnos coas súas vistas, sobre o encoro e sobre as terras de Monfero.

Leave a Reply