Novembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

En Caamouco.Net

Central Ventureira – Caaveiro – Parrote

fragas-do-eume-15-05-06-03

Localización: Concellos da A Capela e Monfero
Data: 15 de maio de 2006
Distancia: 11,21Km.
Como chegar: Autoestrada AP-9, saída de Pontedeume, xusto despois da peaxe se colle a estrada que vai As Pontes ata As Neves, no Concello Da Capela. Dende aquí, vaise polo desvío da central eléctrica do Eume. Se chega a uns carteis informativos de como funcionan os muíños na ponte da Mazoca e no cruce seguimos a dereita, cara a central eléctrica. A tres kilometros aproximadamente atoparemos outros carteis aí podemos deixar o coche.

Comentarios:

Comezamos a ruta pola estrada dá central cara arriba, a uns poucos metros aparece un camiño pola nosa esquerda, vai a parar a o mosteiro de Caaveiro. Unha vez chegado a o mosteiro, baixamos por un camiño de pedra (bastante feo e antinatural, por certo) ata o río Eume.
Pasada a ponte de cemento séguese a dereita, río arriba, por un camiño de terra, o principio ancho para logo converterse nun carreiro. A o chegar a central do Parrote, subese por unha pista de cemento en forte pendente ata chegar a un cruce. Aquí podemos desviarnos a dereita para ir a toma de auga da central no río Parrote.
Se seguimos pola esquerda, e sempre seguindo a pista esa, comezamos baixar, pasando por unha especie de embudo. Isto úsase para facer de amortiguador a os golpes de presión da auga, se non rebentarían os tubos. Continuamos pola estrada cara a central eléctrica da Ventureira.

Leave a Reply