Setembro 2018
M T W T F S S
« Xan    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

En Caamouco.Net

Mosteiro do Couto ao Cabo Ortegal

couto_cabo-ortegal-23-de-junio-de-2007-031

Localización: Concellos de Naron, Ferrol, Valdoviño e Cedeira.
Data: 23 de xuño de 2007
Distancia: 54,56Km.
Como chegar: Autoestrada AP-9, despois da ponte sobre a ria de Ferrol se colle a primeira saida, hacia O Couto.
   
   

Comentarios:

É unha ruta que fixen o 26 de xuño de 2007, é de 54 kilómetros aproximadamente (algo longa).
A primeira parte, ata San Andrés de Teixido, segue o camiño vello que usaban os peregrinos. Está moi ben marcado, creo que polo club montaña de Ferrol, con dúas frechas, branca e vermella, polo que non hai pérdida.
Á mitade do camiño únese, nalgúns tramos, co sendeiro de gran recorrido, GR50, que vai dende Betanzos ata Ortegal. O derradeiro tramo dende San Andrés ao Cabo segue exclusivamente este sendeiro.
Os primeiros kilómetros son bastante chans e doados de recorrer. No kilómetro 2 pásase por un muiño de mareas. Atravésase a carreteira de Castela e continúase pola estrada de Feal sempre seguindo as dúas frechiñas. Pásase por varios lugares. No kilómetro 5,5 aprox. pásase polo Pazo de Cabezas, Pena de Embade e atravésase a autoestrada de As Pontes.Sempre seguindo as frechas chagamos ao Coto do Esperón, onde merece a pena pararse a mirar a paisaxe que se ve de todo Ferrolterra.
O Coto do Esperón ben merece programar unha ruta para el só todo o día, pois nos encontramos con mamoas (dólmenes) e, o mellor de todo, unhas vistas impresionantes.
Seguindo coa ruta, pasaremos por bosques, sobre todo de eucaliptos, e no kilometro 20 chegamos ao Encoro das Forcadas, que atravesamos para chegar á ermida de Liñeiro ou da Fame.
Uns kilómetros máis adiante, concretamente no kilometro 25, chegamos a Porto do Cabo, cunha pronunciada baixada, pasamos pola ponte do río das Mestas, sen deixar de ver o antigo hospital de peregrinos, aínda en pé, pero non por moito.
Todo o camiño que baixa logo ten que subir e a subida é tan empinada como a baixada, con o añadido de que xa temos 25 km. no corpo, pero bueno, súbese. Unha vez arriba do Coto de Casanova pasamos por Sisal (O Pequeno e O Maior) e, uns kilómetros máis, Veciñeira, atravésase a estrada e continuamos de fronte. Pasamos por Os Candales e adentrámonos na aula da natureza xa na Serra da Capelada.
Seguindo as frechas vermella e branca chegamos ao miradoiro de Penedo Edroso, outra parada que merece a pena polas súas vistas da ría de Cedeira. Estamos no kilómetro 33 ou 34, ánimo.
Xa en plena Serra da Capelada, pásase pola ermida de San Roque en O Toxo.
Comezamos a ver os primeiros Milladoiros, eses montóns de pedras que os peregrinos levaban e deixaban preto do santuario. Ao pouco chegamos á parte de arriba de San Andrés de Teixido, onde temos outro milladoiro e unhas vistas do pobo a vista de paxaro.
Dende aquí baixamos polo camiño antigo, unha baixada case en vertical e apartando, literalmente, a cabalos e vacas do noso camiño, pasamos o último milladoiro, éste cunha cruz en todo o alto, e xa estamos no pobo. Despois de visitar os sitios obrigados (Igrexa e fonte), continuamos o noso camiño (aínda quedan uns cantos kilómetros, 15).
Hai que atravesar todo o pobo para seguir o noso camiño, pero esta vez, de camiño ao Cabo de Ortegal, xa non temos ás nosas amigas as frechas, agora, substitúenas as raias horizontais das mesmas cores ( vermello e branco) do sendeiro de gran recorrido, GR50.
Antes de saír do pobo de San Andrés pola estrada, desviámonos á esquerda para seguir o camiño vello a Ortegal. Por certo, está en bastante mal estado con moitas pedras soltas.
Cómo dixen antes todo o que baixa, logo sube, ata o cruceiro do Curutelo, que merece a pena subilo para ver as vistas de San Andrés de Teixido cos séus acantilados, precioso.
A partir deste punto teremos que seguir pola estrada que vai desde Cedeira ata Cariño.O primeiro tramo sube,sube e sube ata chegar aos 611 metros de altura que ten a garita de Herbeira, que por certo, merece un desvío para fotografar os impresionantes acantilados.
Seguindo pola estrada, neste punto agradécese que comece a baixar, chegamos a un cruce señalizado, tanto polas marcas do sendeiro como por carteis, e temos que desviarnos á esquerda.
Polo camiño existen uns miradoiros sobre o pobo de Cariño e a ría de Ortigueira que seguro faránnos parar para fotografar a paisaxe e descansar un rato nos bancos, que chegados a este punto, as pernas agradecerán un montón.
Xa queda pouco para chegar ao Cabo Ortegal, baixaremos a estrada que leva de Cariño ao Cabo e pouco menos dun kilómetro teremos á vista a Punta dos Aguillons.

Leave a Reply