Novembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

En Caamouco.Net

Altos de Sanguiñedo (Fragas do Eume)

altos-de-sanguinedo-15-de-septiembre-de-2007-05

Localización: Concello de Monfero
Data: 15 de setembro de 2007
Distancia: 17,87Km.
Como chegar: Dende o Mosteiro de Monfero cara A Visura, alí, a dereita ata Piladaleña e logo a estrada CP-5002 de Lagares. Despois de pasar Bouza Maior e antes da antena de telefonía, aí dous camiños a esquerda o noso e o primeiro.

Comentarios:

O camiño, ao principio é ancho e moi cómodo de andar, temos varios carteis informativos das especies que andan por alí. Para min a máis interesante é o cervo, cun pouco de sorte vense, pero moi fugazmente. Hai que estar atento a calquera ruído no monte por que corren a esconderse inmediatamente, eu téñoos visto en dúas ocasións, unha delas había un que tiña unha cornamenta grande.
Ao pouco de andar, podemos desviarnos para ver unhas vistas dunha parte importante de Monfero, xusto ao acabarse un aramado, pola esquerda, nunha subida algo pronunciada, ao final temos a recompensa.
Ao final do camiño ancho, imos pola dereita, ata un miradoiro sobre o pantano do Eume. Nun día claro pódense ver a cantidade de fragas que aínda se conservan.
Retrocedemos, e no cruce anterior, subimos pegados ao aramado ata atoparnos cun portal, que abre cara a un camiño recto e descendendo.
Pasamos por Campo Abeledo, que por certo, tiñan dúas avestruces. Pisamos asfalto, no seguinte cruce, polo mapa, atopámonos cun portal pechado, que nos impide visitar a aldea de Abeledo. Os paisanos contáronme que viñeron xente con cartos e compraron a aldea enteira e pecharon o paso, pero hai terras deles e non poden pasar.
Un pouco máis adiante temos o cruce para Sanguiñedo, ao final do pobo segue un camiño que se interna nas fragas de Os Navallos, fragas aínda autóctonas con multitude de carballos.
Estrada adiante, tócanos unha subida e unha curva de case 180º pois xusto cando comeza a baixar sae un camiño pola dereita, é un camiño ancho e ben arranxado. Pois non queda máis que seguilo e admirar as vistas que desde el vense.
Ao final do camiño volvemos a tocar asfalto na aldea da Torre de San Bartolomeu, estrada cara á dereita, baixamos ata a Senda de Pasa Vella, que colleremos, ao principio é un camiño bastante cómodo, logo empeza a subir e cada vez con máis pendente neste tramo cementárono. Subimos e subimos, sempre admirando esa vexetación aínda autóctona. Ao chegar o máis alto temos a opción de desviarnos á dereita para ver o pantano desde o alto ou, seguir de fronte camiño abaixo ata o outro lado do pantano onde teñen a toma de auga para a central.
Ao pouco de baixar aparécenos un carreiro pola dereita que sube aos altos de Sanguiñedo, coas súas vistas sobre o pantano e as fragas, a subida é algo pronunciada ata atopar de novo o camiño ancho, desde aquí volvemos sobre os nosos pasos.

Leave a Reply