Setembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

En Caamouco.Net

A Degrada-Tres Bispos

a-degrada-pico-dos-tres-bispos-25-de-julio-de-2007-059

Localización: Ancares, Concello de Cervantes
Data: 25 de xullo de 2007
Distancia: 18,91Km.
Como chegar: Saída da A-6, a segunda saída de Becerrea vindo da Coruña, pola estrada LU-722 ata Liber, pola estrada CP-07-02, hai un cartel indicativo de San Román e A Degrada. Á saída de San Roman no cruce coller á dereita. A partir de aí xa está marcado, non hai perda.

Comentarios:

A Degrada xunto con Campa da Braña son dúas aldeas pequenas dos Ancares galegos moi populares por ter o alberge e a ruta en cuestión. É curioso que en Campa da Braña existan tres casas e dúas son mesóns con alberge. Esta ruta é a máis coñecida dos Ancares e tamén a máis fácil de facer. Nunha ponte con bo tempo aquilo parece a rúa real de calquera pobo. Comezamos a ruta no alberge dos Ancares, ao principio o firme é asfalto, pódese ir en coche pero está prohibido, (eu teño visto coches ata a base mesma do tres Bispos) logo convértese nun camiño de terra en moi bo estado ata A Campa das Ovellas, onde está a base do pico, a partir de aí súbese por un carreiro ao principio suave pero ao final endurécese un pouco pero bastante levadeiro. Caben destacar desta ruta as marabillosas vistas da Serra dos Ancares. Ésta foi a miña primeira ruta e téñolle un agarimo especial, recordo que no primeiro kilómetro saquei un motón de fotos, a cada paso que andaba cambiábame a paisaxe e eu foto e foto así ata un bo puñado.

Leave a Reply