Decembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

En Caamouco.Net

Serra da Capelada: Curro – Penido Maior – Alto do Foxo

serra-da-capelada-28-de-febreiro-de-2009-41

Localización: Concellos de Cedeira e Ortigueira
Data: 28 de febreiro de 2009
Distancia: 29,89 Km.
Como chegar: Como chegar: Partimos de Cedeira. No centro da cidade, cóllese a estrada AC-566, que vai ao Campo do Hospital. Aos 4 quilómetros aproximadamente, na Veciñeira e antes dunha curva, hai unha pista pola nosa esquerda que colleremos. Aos dous quilómetros e medio, na aldea de Os Candales, temos pola nosa dereita unha pista de terra cun paso para o gando, xa estamos nunha leira que me parece que é da Xunta, é onde se fai a Rapa das Bestas . O coche deixeino nun edificio ao borde do camiño.

Comentarios:

Ao chegar á leira atopeime unha morea de arbores tiradas e rotas polo ciclón Klaus, isto será unha tónica durante todo o camiño (observar as fotografías). Esta leira xa a coñecía pois está na ruta a San Andrés de Teixido, tiña uns fermosos piñeirais, piñeiros grandes e polos medio paxaros carpinteiros, ardillas e, como non, vacas e cabalos. Agora piñeiros caídos, rotos. Impresionoume bastante. Pero a natureza é así, renovación.
Comezamos camiñando cara ao leste, despois de pasar unha área recreativa chégase a un cruce, nel hai ou había outra área recreativa cunhas mesas cubertas, barbacoas, etc. Agora está cuberta de piñeiros caídos, coma se un xigante pasase por aí tirando todo ao seu paso. Nese cruce viramos á dereita, atravésanse uns bosques de piñeiros e eucaliptos, ladeira abaixo vin uns corzos fuxindo, máis adiante, outro.

O día empézase a cubrir de néboa (unha pena pois as vistas son preciosas), non me deixará a néboa en todo o día. Chégase a outro cruce pero este só pódese ir pola dereita pois á esquerda está pechado con piñeiros caídos. Outro cruce máis adiante fun pola esquerda en subida, pasando polo parque eólico de Vilariño, camiño de O Penido Maior, que por certo non se vía nada pola néboa. Unha vez abaixo vaise pola dereita, un camiño que rodea O Penido Maior ata a estrada ou pista asfaltada que vou pola esquerda, ata o próximo camiño á dereita para seguir sempre á dereita pola ladeira de Pena Marela ata Alto do Foxo contemplando as preciosas vistas da ría de Ortigueira. Se continua por este camiño parándonos nos miradoiros, de Vilariño e outros sen nome.
Fago un desvío cara ao pico Moles, pero como dixen antes non se vía nada pola néboa. O seguinte cruce á dereita, para coller o seguinte tamén á dereita. Por este tramo xa pasei pero esta vez no canto de ir cara ao Penido Maior, séguese de fronte cara ao curro da Rapa das Bestas, e alí ao coche.

3 comments to Serra da Capelada: Curro – Penido Maior – Alto do Foxo

Leave a Reply