Setembro 2018
M T W T F S S
« Xan    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

En Caamouco.Net

Neda – Marraxón – Belelle – Viladonelle – Ancos

pc060045

Localización: Concello de Neda
Data: 06 de decembro de 2008
Distancia: 21,21 Km.
Como chegar: Autoestrada AP-9 en dirección Ferrol, xusto despois do túnel Do Sartego, a primeira saída e no seguinte cruce á esquerda, ao pouco chegamos á casa do concello.

Comentarios:

Sáese da casa do concello, en fronte parte unha estrada (a parada de taxis), nun primeiro momento esta ruta segue o carreiro PRG-16, polo que seguiremos as marcas amarelas e brancas. Pasamos por un pavillón deportivo e ao pouco encarámonos coa primeira costa, unha pista asfaltada, que sube en forte pendente, ata Rabadeña. Unha vez en Rabadeña viramos á esquerda e llaneamos por unha estrada ata un novo cruce que seguimos pola dereita e outra vez á dereita para volver subir noutra simpática pendente ata o monte Marraxón, co seu vértice xeográfico (334 metros), seguimos de fronte o camiño ata O Coto do Rei (temos que desviarnos un pouco para subir ao Coto), aquí admiramos as vistas da ría de Ferrol.


Seguindo adiante, tropezamos cun novo cruce, este á dereita po lo camiño do pobo de Marraxón, no medio do pobo baixa un camiño á dereita que nos leva á toma de auga da central do Belelle, baixamos por un carreiro en zigzag (que por certo o cementaron, ou algo parecido, e en mollado escorrega, e con follas máis). A medida que baixamos temos a oportunidade de ver a fervenza desde arriba. Pasamos por un miradoiro que o arranxaron (o anterior daba pena), merece a pena pararse a fotografar a fervenza. Seguimos baixando e á dereita imos ao pé da fervenza e á esquerda á central e a estrada para o Roxal.
En fronte á central, alén do río, hai unha construción pequena que ten unha antena parabólica, á esquerda sube un carreiro entre acacias, ao principio, logo toxo. Este carreiro sube case recto ata Viladonelle, pero antes nunhas rocas e mirando cara atrás temos unha vista da fervenza, que para min é a mellor.
Se non queremos subir polo carreiro, podemos coller a estrada e unha vez pasado o muíño de Barcia, á dereita hai un camiño que sube, ao chegar a unha torreta de alta tensión, desviámonos á dereita para aos cen metros ir cara á esquerda, todo isto en forte pendente. Ao chegar ao máis alto e case en Viladonelle, podémonos desviar cara á dereita e baixar un pouco polo carreiro da casa coa parabólica para admirar a Fervenza.
Desde Viladonelle seguiremos a ruta PRG-16 ou o que o mesmo as marcas amarelas e brancas, que por certo non teñen perda. Unha vez pasado en pobo, atravesamos a estrada que vai do Roxal á Capela, de fronte elévase o Monte das Louseiras, impresionante, (desde arriba hai unhas vistas preciosas, pero esa é outra ruta), seguindo o camiño pasamos por Lobeira, A Vila de Anca, ao chegar a uns invernadoiros viramos por un camiño á dereita e no seguinte cruce, á esquerda, aquí podemos desviarnos á dereita para ir a Os Galanos coa súa Capela de Os Remedios. Atravesamos o bosque de Os Outeiros para saír a Anca, pasamos pola igrexa e o cemiterio, ignoramos os dous seguintes cruces para ir polo outro á esquerda. Despois de pasar por un bosque de piñeiros e eucaliptos chegamos á Cruz do Pouso. Xusto detrás da Cruz ábrese unha estrada e aos poucos metros viramos cara á esquerda (Arriba), aquí temos dúas opcións, ou subir pola estrada ou por un camiño á dereita, eu prefiro o camiño, este último está perfectamente sinalizado e non require explicación. Ao final chegamos ao monte Ancos coas súas magnificas vistas incuestionables.
A baixada de Ancos faise por un camiño, que ao principio, baixa vertixinosamente para logo de dar unhas voltas e poñerse máis horizontal e como remate volver baixar case en vertical á beira dunha antena e a gasolineira. Unha vez na estrada báixase por onde fan a feira e seguindo as marcas chegamos á rúa Real de Neda, e de aí ao Concello.

2 comments to Neda – Marraxón – Belelle – Viladonelle – Ancos

Leave a Reply