|
|
||
| Localización: | Concellos de Cedeira e Ortigueira | |
| Data: | 08 de marzo de 2009 | |
| Distancia: | 17,90 Km. | |
| Como chegar: | Autoestrada AP-9 en dirección Ferrol, xusto despois do túnel Do Sartego, a primeira saída e no seguinte cruce á esquerda, pola estrada AC-115, pasamos Neda ata o cruce coa estrada de Ortigueira (AC-862). Pasamos San Sadurniño, Cerdido, sempre dirección a Ortigueira. Sobre o quilometro 30 chegamos a Campo do Hospital. |
Comentarios:
No Campo do Hospital, aos poucos metros en dirección Ortigueira, hai unha estrada, pola esquerda, entre unhas casas que sube a Serra dá Capelada, bueno ao principio é unha estrada pero acaba sendo camiño de terra. A chegar ao primeiro cruce deixamos o coche. Aquí comeza a ruta tomando o camiño de en fronte. Pasamos por dous miradoiros, o primeiro é sobre unhas pedras pero o segundo xa está máis preparado. As vistas son francamente espectaculares, a pena é que aquí abundan os días con néboa, pero cun pouco de sorte pódense sacar unhas fotiños guapas. Antes de chegar ao segundo miradoiro deixamos un camiño pola esquerda. A uns centos de metros, despois do segundo miradoiro, atopámonos cun cruce, tomaremos o da esquerda cara ás casas da Ribeira (unha ou dúas casas abandonadas).
O seguinte cruce á dereita, o outro de fronte e inmediatamente despois imos pola dereita para subir a Penido Maior ou Couce do Penido, coas súas antenas, merece a pena subir até o vértice xeodésico e contemplar as súas vistas sobre a ría de Ortigueira, tamén vemos unha caseta do servizo forestal.
Baixamos e ímonos polo segundo camiño á dereita, nos dous seguintes cruces, seguimos de fronte e ao chegar a uns aeroxeradores, desviámonos á esquerda. Ignoramos os dous cruces que veñen agora. Despois de pasar unha barreira para o gando (uns tubos no chan), nós atopámos uns piñeiros tirados no camiño e tivemos que desviarnos, campo a través, até unha liña de alta tensión. Seguindo esta liña acabamos noutro camiño, que o seguimos á dereita, en dirección a O Puzón nese cruce á dereita camiño do curro dá Rapa dás Bestas. Pasamos por unha especie de área recreativa. Os tres cruces seguintes tómanse, por esta orde, dereita, de fronte, dereita e chegamos ao curro. Camiño adiante ignoramos un cruce pola esquerda e de seguido outro pola dereita que tamén ignoramos e máis adiante outro cun cartel indicando ao centro de comunicacións radioeléctricas que tamén ignoramos, este vai ao Penido Maior. No próximo cruce imos pola esquerda e no próximo tamén, pasamos por un estanque para beber o gando. Seguindo por este camiño chegaremos ao coche.

