Decembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

En Caamouco.Net

Serra do Forgoselo 10 de marzo de 2009

serra-do-forgoselo-10-de-marzo-de-2009-26

Localización: Concellos de A Capela e As Pontes
Data: 10 de marzo de 2009
Distancia: 16,68 Km.
Como chegar: Estrada Cabanas – As Pontes (AC-142), no quilometro 18 ou 19 atópase Goente, no concello da Capela.

Comentarios:

En Goente, á beira dun bar sae un camiño que se interna no Forgoselo. Ao principio sube para logo llanear, neste punto, seguín o primeiro camiño pola esquerda (ou polo menos parece un camiño). A partir de aquí, practicamente todo foi campo a través, ou dito mellor “toxo a traves”, subidas, baixadas, atravesar regatos, toxos e mais toxos. Aínda que parece desagradable, a min atráeme esa falta de camiño, xa se sabe a cabra sempre tira ao monte. Pásase por algunha mancha de piñeiros, sobre todo nos pequenos vales dos regatos, por certo os ríos tiñan unhas floreciñas brancas preciosas, que non sei como se chaman, teño que buscar o nome.

Ao chegar á parte de arriba dunha canteira viro á esquerda e, en descenso, métome nun piñeiral que xa non deixarei ata chegar á Pedra dos Tres Pes. Dito así parece fácil, pero o problema é atravesar a cantidade de regatos que hai coas beiras enlamadas polo gando, isto é a proba da impermeabilidade das botas.
Desde aquí retrocedo, piñeiral a través, para vadear o río Mariaqueira e, seguindo un aramado, chegar ao Curro.
Deixando o curro ás costas chégase a un cruzamento sinalizado cos carreiros que hai pola zona, neste cruzamento vaise pola esquerda en franca subida. Seguindo este camiño chégase a Goente, pero eu optei por dar un rodeo pola Pena dás Camposas, para iso no único cruce cun camiño ancho, non carreiros, voume pola dereita e case ao final un pouco antes de chegar á estrada (a que vén do Roxal) subo por unha especie de camiño en case “toxo a través” ata o máis alto, alí hai unha caseta de vixilancia forestal, aquí as vistas sobre o Forgoselo por unha banda e sobre o monte Fontardion polo outro son excelentes. Seguindo adiante volvemos tropezar co famoso camiño, xa queda pouco para Goente.

Leave a Reply