Setembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

En Caamouco.Net

Senda dos Cerqueiros 12 de marzo de 2009

senda-dos-cerqueiros-12-de-marzo-de-2009-46

Localización: Concello Monfero
Data: 12 de marzo de 2009
Distancia: 13,06 Km.
Como chegar: Dende o Mosteiro de Monfero cara A Visura, alí, a dereita ata Piladaleña e logo a estrada CP-5002 de Lagares. Despois de pasar Bouza Maior nos topamos con un carteis do Parque Natural das Fragas do Eume, aí dous camiños a esquerda, un e 20 metros outro, o noso e o segundo.

Comentarios:
Na senda hai dous pobos abandonados. Nun deles todo o que queda en pé é un hórreo e ruínas dunhas casas, agora hai unha especie de alpendre para dar para comer ao gando. No outro hai dúas casas unha delas en moi bo estado, parece que ata hai pouco estaba habitada.
O camiño é fácil de percorrer. Eu fíxeno ao revés de como está marcado polas frechas (xa se sabe hai que levar a contraria). Ao principio percórrese en baixada pasando por prados e gozando das vistas das fragas, pola dereita temos a ladeira de Pena Cavada co val labrado polo Rego Teixeiro, que verte as súas augas ao pantano, de fronte temos o pantano e por todo ao redor vacas e cabalos.

En continua baixada chegamos ao hórreo. E se nos fixamos na vexetación, predominan os mirtos grandes e en liña recta (na natureza as liñas rectas son moi raras, por non dicir inexistentes) sinal inequívoco de que os usaban para pechar as leiras, como sebes, cando as casas estaban habitadas. Agora creceron e teñen un tamaño considerable para ser iso, sebes.
Continuando camiño abaixo, chegamos a un cruzamento. De fronte parte un camiño máis pequeno, o camiño principal continúa pola dereita. Eu recomendo desviarnos polo de en fronte para admirar as fragas autóctonas, atravesamos bosques de carballos e castiñeiros até chegar á beira mesma do pantano. O sotobosque, neste tramo, está cuberto de arándanos que, dependendo da época, podemos probar algún.
De volta ao camiño principal ao pouco atravesamos o rego de Lioibos que, como todos os ríos desta parte, verten as súas augas ao pantano. A partir de aquí o camiño vai en continua subida ata o final.
Pasamos por bosques de carballos e piñeiros. Ás veces pódese ver algún que outro corzo. Os que se ven son paxaros carpinteiros, gaios (arrendajos), aves rapaces e unha infinidade de paxariños que cos seus cantos, rompen o silencio tranquilizador que reina por todo o camiño. Tamén poden verse uns escaravellos negros brillantes, como xoias. Estes escaravellos son estercorarios, escavan unhas galerías en terra e no fondo depositan excrementos de herbívoros e alí poñen os ovos.
Despois dunha pronunciada curva, case 180º, aparece unha recta e a metade, máis ou menos, hai un cruzamento que nos leva ás casas abandonadas dos Esterqueiros. Polo medio das casas continua un camiño, non moi marcado, até unha antena de radio. Por detrás da antena e, por favor moito coidado, hai un miradoiro sobre o pantano. Trátase dunha cornixa de pedra que se asoma ao vacio. As vistas desde aquí son espectaculares, co día apropiado pódese ver como destaca a cor azul das augas co verde da paisaxe, precioso.
De volta ao camiño, e sempre en continua subida pasamos por piñeirais e prados até chegar de novo á estrada que vai a Lagares. Seguíndoa pola dereita e pasada unha antena de telefonía, chegamos de novo ao momento de partida coas pernas cansadas, pero, tratábase diso, non?

Leave a Reply