Novembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

En Caamouco.Net

Curmá – Praias do Raso e Campa – Paseo de Ares

p3170005

Localización: Concello de Ares
Data: 17 de marzo de 2009
Distancia: 4,64Km.
Como chegar:

Como chegar: Autoestrada AP-9, saída de Pontedeume, continúase a Cabanas, rotonda a dereita dirección Ferrol (N-651). No seguinte cruce a esquerda cara a Mugardos (AC-122). Ao chegar a un cruce regulado por semáforo, viramos a esquerda a Redes-Ares. O próximo cruce imos pola dereita dirección Ares pola estrada CP-0401, pasamos unha casa grande, ignoramos un cruce a esquerda e outro a dereita continuamos ata unha curva pronunciada a esquerdas. Xusto despois da curva baixamos pola esquerda (hai un cartel indicativo de Club de Tenis). Ao pouco chegamos unha praza cun farol no medio, ese é o centro do mundo coñecido.

Comentarios:

Está é unha ruta cortiña que a min persoalmente me gusta facer. Faise moi agradable pasear pola praia dándoche o aire na cara, se é no inverno vas abrigado ata os dentes e gozas da forza dese mar gris e as gaivotas na area capeando o mal tempo, encántame.
Pásase pola praia do Raso e pola de Campa (sempre con permiso da marea), tamén polo paseo marítimo de Ares, e ao final temos o porto de Ares.

Sáese de Curmá (o centro do mundo coñecido) en dirección suroeste, pásase por Mazaido, Curro e a praia do Raso.
Imos por toda a praia do Raso e a de Campa. Ao final desta hai unhas escaleiras que subimos, viramos á esquerda e volvemos a subir para logo baixar á praia de Ares coa Ponte da Ciscada.
No caso de que sexa marea alta é mellor desviase á dereita, pois pola area seca é moi difícil camiñar. Chegamos á estrada de Redes a Ares aquí viramos á esquerda e despois da escola de Seselle á dereita e seguido á esquerda cara a Seselle, pasando por un lavadoiro. En Seselle despois de pasar a ermida de San Xosé desviámonos á esquerda e encaramos un camiño que nos leva ata o alto dá Pena, onde atravesamos a estrada outra vez para seguir polo camiño de en fronte ata a baixada ao paseo de Ares.
Seguimos por todo o paseo atravesando Ares de punta a cabo. Pásase polo parque Rosalía de Castro, o antigo espigón do porto, a praza da igrexa e o novo porto de Ares. Continuamos ata a punta do dique de abrigo. O camiño de volta faise polo mesmo sitio.

Leave a Reply