Decembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

En Caamouco.Net

Curma-Ares-Maiobre-Seselle

p3170028

Localización: Concello de Ares
Data: 17 de marzo de 2009
Distancia: 17,92 Km.
Como chegar: Autoestrada AP-9, saída de Pontedeume, continúase a Cabanas, rotonda a dereita dirección Ferrol (N-651). No seguinte cruce a esquerda cara a Mugardos (AC-122). Ao chegar a un cruce regulado por semáforo, viramos a esquerda a Redes-Ares. O próximo cruce imos pola dereita dirección Ares pola estrada CP-0401, pasamos unha casa grande, ignoramos un cruce a esquerda e outro a dereita continuamos ata unha curva pronunciada a esquerdas. Xusto despois da curva baixamos pola esquerda (hai un cartel indicativo de Club de Tenis). Ao pouco chegamos unha praza cun farol no medio, ese é o centro do mundo coñecido.

Comentarios:
Esta ruta discorre polas praias do Raso e a da Campa, o paseo marítimo de Ares, a praia de Estacas e as Mirandas ata Maiobre. O primeiro tramo coincide coa ruta de Curmá – Praias do Raso e Campa – Paseo de Ares.

A medio camiño entre o final das casas e o porto deportivo atopámonos cunhas escaleiras de madeira. Unha vez arriba viramos á esquerda e logo de fronte, pásase á beira do castelo de Ares, pero o camiño está pechado de silvas. Collemos o primeiro camiño á esquerda que nos atopemos, está marcado por unhas raias amarelas e brancas do carreiro de Sendares. A partir de aquí as vistas son espectaculares, pasamos pola praia de Centeás (mellor dito pola parte de arriba), logo a de Estacas. O camiño aquí atópase cun cruce, iremos pola esquerda para ir canto máis preto da costa mellor e poder admirar eses acantilados. Pásase pola punta das Mirandas e a partir de aquí temos que abandonar a costa para seguir o camiño-estrada que vai a Maiobre, no seguinte cruce e, seguindo as marcas brancas e amarelas, viramos á esquerda para ir por un camiño ata volver outra vez á estrada, xa en Maiobre, aquí viramos á dereita para logo ir pola esquerda e no seguinte á dereita. Ao pouco estamos na estrada de Ares a Chanteiro que seguimos á dereita en dirección a Ares. Este tramo é un pouco perigoso polo estreito da calzada e polos coches que non respectan nada, así que iremos con coidado ata a estrada de Ares a Mugardos. Aquí continuamos pola dereita e no segundo cruce, un pouco máis aló, á esquerda. Pasamos a estrada que vai a Pedrós e seguimos ata o parque Rosalía de Castro. Desde aquí ímonos pola estrada en dirección a Redes, para iso na rotonda de entrada ao pobo (a do pesqueiro) collemos pola dereita. A estrada, neste tramo, sube e cando comeza a baixada metémonos pola esquerda e aos 10 metros á dereita, para seguir ata Seselle, pero lonxe da estrada e xa de paso dos coches.
Logo de pasar pola ermida de San Xosé, en Seselle, ignoramos as dúas saídas pola esquerda que nos atopamos para dirixirnos a Rodelas e despois a Barracido, para iso, no cruce que atopamos logo dun lavadoiro, viramos á esquerda e despois subimos á dereita. Xa estamos na estrada de Barracido, ao pouco de entrar no pobo descendemos pola dereita á Louseira e despois á esquerda para a Solaina e de alí a Curmá.



Leave a Reply