Setembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

En Caamouco.Net

Curmá-Ares-Maiobre-Montefaro-Rilo-Lodairo

p3190021

Localización: Concellos de Ares e Mugardos
Data: 19 de marzo de 2009
Distancia: 27,04 Km.
Como chegar: Autoestrada AP-9, saída de Pontedeume, continúase a Cabanas, rotonda a dereita dirección Ferrol (N-651). No seguinte cruce a esquerda cara a Mugardos (AC-122). Ao chegar a un cruce regulado por semáforo, viramos a esquerda a Redes-Ares. O próximo cruce imos pola dereita dirección Ares pola estrada CP-0401, pasamos unha casa grande, ignoramos un cruce a esquerda e outro a dereita continuamos ata unha curva pronunciada a esquerdas. Xusto despois da curva baixamos pola esquerda (hai un cartel indicativo de Club de Tenis). Ao pouco chegamos unha praza cun farol no medio, ese é o centro do mundo coñecido.

Comentarios:

É unha ruta que ao principio é fácil, practicamente chaira, con suaves subidas e baixadas para logo encarar unha subida non moi dura a Montefaro, pero como se levan xa uns cantos quilómetros nas pernas faise algo difícil. Pásase pola praia do Raso e pola da Campa (sempre con permiso da marea), tamén polo paseo marítimo de Ares, logo polos cantiis que se abren á boca das rías de Ares e Betanzos, esta parte é a que máis me gusta.

Pásase polo bonito pobo de Cervás, polos altos de Simou, Rilo, rozamos Franza, Lodairo, San Juan e Ixobre para logo volver a Curmá.
O principio da ruta coincide coas de Curmá-Praias do Raso e Campa-Paseo de Ares e Curma-Ares-Maiobre-Seselle, polo que non o bou a repetir.
En Maiobre no canto de ir pola dereita continuamos por esquerda. Atoparemos unha indicación do Miradoiro de Augamexa eu seguino e no cruzamento que aparece collín o da dereita e acabe nun toxal, pola esquerda vas a un miradoiro precioso, un bo sitio para parar e admirar a paisaxe. Un pouco máis adiante pola estrada aparece outro cartel pero este de Punta do Boi, vendo o principio cheo de zarzas xa nin o tentei.
Estrada adiante ata o próximo cruce, cerca do cemiterio de Cervás, hai un cartel que indica Castro de Santa Mariña, collémolo pola esquerda para abandonar o asfalto. Ao intre aparece unha bifurcación pola esquerda, imaxino que será para ir ao castro, eu seguino e ao final atopei unha chaira rozada, e case “silva a través” chegas ao cantil, pero a sorpresa foi unha especie de galpón abandonado xusto ao bordo do cantil que segundo indagacións (O meu pai), usábano para subir o bote desde a auga por medio dun cable de aceiro e un cabrestante, aínda se pode ver oxidado, claro, e para gardar os aparellos da pesca. Quedeime impresionado polo traballo que tiñan que ter para facerse á mar esta xente, manda carallo.
Logo entereime que Tojino e CIA atoparon a entrada á Cova dúas Mouros e que a rozada era deles. Desde aquí quero dar as grazas a eses valentes porque vendo o tamaño das silvas acollona.
Seguindo o camiño atopámonos cun novo cruce que se colle pola esquerda para internarnos nun bosque e despois dunha baixada hai un muíño en ruínas. No próximo cruce á esquerda e despois tamén á esquerda, aquí atopámonos cun cartel de punta Promontorio, nesta ocasión non o seguín. Continuando co camiño, no cruce seguinte tomámolo pola esquerda ata Punta Avarenta cos seus bonitos cantiis de granito. O seguinte cruce o collemos á esquerda e o próximo á dereita continuamos ata a estrada de Ares-Chanteiro, ímonos pola esquerda para subir por un camiño cun cartel de Punta Segaño. Por ese camiño no cruce ímonos pola dereita para encarar a subida a Montefaro. Vai ser todo en subida, ignoramos todos os que baixen. Ao chegar a unha estrada xa case arriba, seguimos subindo pola esquerda.
No cruce de estradas, se imos pola esquerda visitaremos o mosteiro de Santa Catalina, merece a pena, non esta en moi bo estado pero vendo o que hai por ahi, refírome ás baterías e demais que é unha pena que se estean deixando arruinar.
Seguindo de fronte no cruce anterior descendemos pola que vai a Mugardos, o seguinte cruce deixámolo e chegados a outro, pero cun camiño, ímolo a coller pola dereita, este camiño lévanos a Cervás, subimos pola rúa central do pobo e pasada a igrexa desviámonos pola esquerda, para chegar á estrada de Ares-Chanteiro, ímonos por ela e pasamos o cruce de Mugardos e outro cun camiño, pero o seguinte pola esquerda seguímolo. Este camiño é de terra e lévanos ao Alto de Simou. Alí hai un cruce de tres saídas, ímonos pola do medio e acabaremos na estrada de Mugardos a Ares, que atravesamos e ímonos por outro camiño de Rilo, no cruce que nos vén ímonos pola esquerda, o seguinte tamén á esquerda e o próximo á dereita e, chegamos a Rilo.
Continuamos pola dereita na estrada de Mugardos e aos poucos metros abandonámola pola esquerda. A partir de aquí e despois de atravesar a estrada nova de Reganosa, chegamos a Franza. Viramos na rotonda e ímonos por unha pista á dereita que nos levará ata o Lodairo. Nos seguintes cruces de fronte, de fronte e dereita e o outro tamén á dereita. Pasamos Teupoeira, rodeamos a leira do Pazo do Piñeiro e dirixímonos a Ixobre, despois de atravesar a estrada de Barracido. En Ixobre viramos á dereita despois de fronte e tamén o seguinte de fronte. Estamos na Solaina, estrada Redes-Ares á dereita e no primeiro cruce á esquerda e xa estamos outra vez no “centro do mundo”.

Leave a Reply