Setembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

En Caamouco.Net

Curmá-Ares-Maiobre-Chanteiro-Montefaro-Lubre

p3210031

Localización: Concello de Ares
Data: 21 de marzo de 2009
Distancia: 32,24 Km.
Como chegar: Autoestrada AP-9, saída de Pontedeume, continúase a Cabanas, rotonda a dereita dirección Ferrol (N-651). No seguinte cruce a esquerda cara a Mugardos (AC-122). Ao chegar a un cruce regulado por semáforo, viramos a esquerda a Redes-Ares. O próximo cruce imos pola dereita dirección Ares pola estrada CP-0401, pasamos unha casa grande, ignoramos un cruce a esquerda e outro a dereita continuamos ata unha curva pronunciada a esquerdas. Xusto despois da curva baixamos pola esquerda (hai un cartel indicativo de Club de Tenis). Ao pouco chegamos unha praza cun farol no medio, ese é o centro do mundo coñecido.

Comentarios:
A descrición vouna continuar a partir do cemiterio de Cervás por coincidir o principio coas rutas Curmá – Praias do Raso e Campa – Paseo de Ares, Curmá-Ares-Maiobre-Seselle e Curmá-Ares-Maiobre-Montefaro-Rilo-Lodairo. Estrada adiante ata o próximo cruce, cerca do cemiterio de Cervás, hai un cartel que indica Castro de Santa Mariña, nesta ocasión non fun. Seguindo o camiño atopámonos cun novo cruce que se colle pola esquerda para internarnos nun bosque e despois dunha baixada hai un muíño en ruínas, pero moi en ruínas, unha mágoa.
No próximo cruce á esquerda e despois tamén á esquerda, aquí atopámonos cun cartel de punta Promontorio, vemos outra vez eses galpóns para as embarcacións, pero esta vez están case a nivel de auga. Pódese baixar aos galpóns pero é un pouco perigoso por culpa das follas caídas que escorregan moito e o camiño é moi empinado, tede coidado.
Estes galpóns son distintos do de Castro en Santa Mariña, aquí metían as embarcacións dentro por unhas ramplas pequenas (Ver as fotografías). Hai outros en que colgaban os botes pero a unha altura relativamente pequena non como no outro lado que a altura impón.
Continuando co camiño, no cruce seguinte tomámolo pola esquerda ata Punta Avarenta cos seus bonitos cantís de granito. Nos seguintes cruces collémolos todos pola esquerda ata chegar á batería de costa de Sudova, seguindo un pouco máis adiante baixamos por un cortalume ata Punta Coitelada. Agora arranxaron un paseo guapo. Seguimos este paseo pola dereita, e cando divisamos a praia de Chanteiro deixamos o camiño para ir por un carreiro que percorre toda a enseada pola costa ata a praia mesma.
Saímos da praia polas escaleiras e ímonos pola esquerda para continuar pola costa camiño de Punta Segaño. Ao acabar o pobo seguimos de fronte por un carreiro para chegar ás baterías de Punta Segaño. É unha pena o estado en que se atopan e como sigan así vai ser peor.
Desde alí ímonos pola dereita para encarar a subida a Montefaro. Vai ser todo en subida, ignoramos todos os que baixen. Ao chegar a unha estrada xa case arriba, seguimos subindo pola dereita.
No cruce de estradas podemos desviarnos á esquerda para visitar o mosteiro de Santa Catalina, este está mellor coidado, (aínda que non sexa unha marabilla). Volvendo ao cruce, descendemos pola que vai a Mugardos, o seguinte cruce deixámolo e o próximo, cun camiño, ímolo a coller pola dereita, este camiño lévanos a Cervás, subimos pola rúa central do pobo e pasada a igrexa desviámonos pola esquerda, para chegar á estrada de Ares a Chanteiro, ímonos por ela e pasamos o cruce de Mugardos e outro cun camiño, pero o seguinte pola esquerda seguímolo. Este camiño é de terra e lévanos ao Alto de Simou cun cruce de tres saídas, nesta ocasión ímonos pola dereita e acabaremos, outra vez, na estrada de Ares-Chanteiro, que seguimos pola esquerda ata un desvío sinalizado para a igrexa de Santa Olaia de Lubre, no seguinte cruce imos pola esquerda e internámonos no pobo de Ares para ir polo paseo marítimo pero en sentido contrario ao que iamos ao principio da ruta, ou sexa, camiño Curmá. Paseo Marítimo, praia dá Campa, a do Raso, Curro, Mazaído e Curmá.



4 comments to Curmá-Ares-Maiobre-Chanteiro-Montefaro-Lubre

  • De Curmá

    Gracias por poñer a ruta, no texto puxeche
    “…pasamos unha casa grande, ignoramos un cruce a esquerda e outro a dereita continuamos ata unha curva pronunciada a dereitas. Xusto despois da curva baixamos pola dereita (hai un cartel indicativo de Club de Tenis). Ao pouco chegamos unha praza cun farol no medio, ese é o centro do mundo coñecido.”

    E dame que a curva pronunciada, e mailo cruce… son a esquerdas.

  • Admin

    Dáche ben, seguro que hai mais. Grazas.

  • Admin

    A min os Fraguel Rock gustábanme moito, sempre os via cos meus nenos. Non me din conta do detalle do tio pero tes razon. :)

Leave a Reply