Setembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

En Caamouco.Net

Río Mandeo

rio-mandeo-chelo-zarzo-canal-balsa-chelo-13-de-abril-de-2009-32

   
Localización: Concellos de Paderne, Irixoa e Coiros
Data: 13 de abril de 2009
Distancia: 18,80 Km.
Como chegar: Situados en Betanzos, vamos pola avenida de Castela (antiga N-VI) ata Queiris, uns metros antes do cruce coa nova N-VI hai unha pista pola esquerda que indica o lugar de Chelo. Seguindo as distintas pistas sinalizadas chégase sen problemas a este lugar.

Comentarios:
Na ruta de Betanzos – As Neves iniciara unha camiñada polo río Mandeo e quedáronme ganas de volver outro día para percorrelo con máis calma, pois ben ese día chegou.
Está ruta é de toma de contacto, trátase de seguir camiños haber a onde van, aínda que o mapa e internet están moi ben, hai camiños cortados por silvas e toxos, hai camiños que non aparecen nos mapas e hai camiños asfaltados que no mapa son iso, camiños.
Vou ir pola marxe esquerda do río (nunca souben ben si é mirando río arriba ou abaixo, o que si teño claro é que vou deixar o riu á miña dereita). Vou pasar a central do Zarzo e continuar río arriba, haber ata onde podo ir.


O río Mandeo é o segundo en importancia das rías altas. Nace en Marco dás Pías ao pé dos Montes Corno do Boi ao sur da Serra dá Cova dá Serpe, en terras de Sobrado dos Monxes. En internet din que nace na Serra dá Loba pero non pode ser, basta botar unha ollada ao mapa. Rega as terras de Sobrado dos Monxes, Aranga, Curtis, Irixoa, Oza dos Ríos, Cesuras, Coirós, Paderne e Betanzos. É un espazo protexido, pero ríome eu disto, a auga ten unha cor sospeitosamente marronacea, cheira un pouco a xurro e nas cascadas créase unha espuma (ver as fotos) que en augas limpas non se ve e falando cos pescadores corroboran todo isto. Pero a pesares disto o río é precioso e nesta época aínda máis pola vexetación que está espertando e brotan por todos lados as follas verdes das arbores. Para explicarnos mellor todo este ecosistema existe un aula da natureza en Chelo. Ten acuarios, aulas multimedia, mapas e o máis importante uns mozos moi amables.
No aula din que a variedade da súa flora e fauna, merlo, martín pescador, garza ou ata algunha londra móvense entre carballos, ameneiros, freixos, salgueiros e felgos, o que non din é que tamén hai eucaliptos e quizais sexan os que máis abundan.
O día amenceu gris con ameaza de choiva, ao chegar a Chelo empezan a caer algunhas pingas, me encasqueto o pantalón impermeable e a cazadora e cruzo o río á outra beira para encarar o carreiro pola esquerda, río arriba. O carreiro está marcado por un cadrado amarelo cun punto negro no centro e non ten perda, sígoo uns tres quilómetros ata a central do Zarzo, paso por dous edificios en ruínas que segundo parece eran un balneario moi famoso na súa época, o Balneario de Bocelo, aínda hai unha fonte cun auga moi apreciada, eu, pola pinta que ten, non recomendaría beber dela agora. O carreiro é bonito, camiñar entre a vexetación de ribeira co río á dereita é canto menos bucólico. Pódese dar volta pola outra beira nun par de pontes, un a metade de percorrido e outro na central do Zarzo, si se opta pola central do Zarzo a distancia seria de seis quilómetros e pico.
Ao chegar á central hai dous edificios, a central vella e a nova. Esta funciona co sistema da do Belelle, unha canle que toma auga do río que mentres o río baixa a canle vaise quedando, ata que ten suficiente altura para mover as turbinas da central.

 Pasada a central continuo río arriba para pasar o río Zarzo por unha ponte de madeira, o camiño é ancho e cómodo e gozo da paisaxe, nese momento a choiva que se mantiña con algunha pinga que outra arrecia de xeito abondo, lonxe de deslucir o día parece que engrandece aínda máis o entorno, non me abandonará en toda a mañá.
Logo de pasar unha ponte que, segundo reza unha placa foi posta polo coto de pesca, a paisaxe comeza a cambiar, o bosque de ribeira convértese en eucaliptos. De súpeto, nun descampado, unhas rocas impídenme o paso, uns toxos e un esvarón, con cuada incluída, obríganme a subir por un camiño forestal afastándome do río.
O camiño cada vez afástame máis do río e ata vira un pouco cara atrás, pero no próximo cruce viro á dereita para seguir, aínda que sexa de lonxe, o río.
Baixo en dirección ao río polo primeiro camiño que me atopo pola dereita, pero se pecha ao pouco nunhas rocas. Continúo a marcha, sempre o máis próximo ao río, outro camiño e, outra vez cara abaixo, agora é máis longo, case chego ao río, pero se pecha de novo, volta a subir. Máis adiante outro camiño que baixo, pero esta vez si, por fin chego ao río. Non parece que haxa carreiro pola beira pero eu inténtoo e logo de percorrer uns cen metros, esquivando pedras e arbores, non me queda máis remedio que dar media volta e, volta a subir ao camiño forestal. No GPS levo unha ruta de BTT baixada de internet feita pola zona e decido seguila, pois con tanta subida e baixada quería ir un pouco a tiro fixo. A sorpresa foi cando me tropezo coa canle de auga que vai para a central do Zarzo, vaia pedazo de canle, ten uns dous metros de ancho e nalgúns tramos supera os tres metros de alto, unha verdadeira aberración medioambiental, ¿como pretenden que os animais atravesen esa enorme barreira?, a lonxitude é de varios quilómetros, cinco ou máis. Decido seguilo, pois no mapa vese que é longo.
A ruta do GPS baixa por un camiño en dirección ao río, pero a min xa me gusta máis seguir a canle, o problema foi que o camiño que o acompañaba acabase nunha pista asfaltada. Sigo a pista e, logo de dar unhas voltas, atravesa o río por unha ponte, nese preciso momento ponse a chover torrencialmente.
Eran as doce e media e aínda tiña que dar volta, co que volvo sobre os meus pasos e encamíñome á canle, o cal vou seguir, pero augas abaixo, ata a toma de auga da central no pantano do Zarzo. O pantano é unha balsa escavada en terra e forrada de plástico para facela impermeable, dela toma auga a central mediante uns tubos.
No canto de seguir o camiño que rodea a balsa métome por un carreiro que hai augas abaixo e logo dun tramo de monte a través acabo na canle do río Zarzo, inténtoo seguir na súa baixada pero foi imposible co cal subo ata cruzarme cun camiño que tamén baixa en zigzag ata a central na ribeira do Mandeo. Na ponte cruzo de beira e continuo río abaixo ata chegar a Chelo.

Descarga do Track: rio-mandeo-13-de-abril-de-2009 

Leave a Reply