Decembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

En Caamouco.Net

Río Mandeo: Chelo – Zarzo – Pías – Ois – Caresma

rio-mandeo-chelo-zarzo-pias-ois-caresma-chelo-18-de-abril-de-2009-03

   
Localización: Concellos de Paderne e Coiros.
Data: 18 de abril de 2009
Distancia: 14,58 Km.
Como chegar: Situados en Betanzos, pola avenida de Castela (antiga N-VI) ata Queiris, uns metros antes do cruce coa nova N-VI hai unha pista pola esquerda que indica o lugar de Chelo. Seguindo as distintas pistas sinalizadas chégase sen problemas a este lugar.

Comentarios:
Neste segundo día polo río Mandeo xa vou a tiro fixo ou case. Vou ir pola beira esquerda do río ata o final do carreiro, subir á canle e baixar á antiga central dás Pías, cambio de beira, subir ata Santiago de Ois e Caresma en Coiros, de aí baixar ata o río e volver a Chelo. É unha ruta un pouco curta pero as dúas subidas e, por conseguinte, as dúas baixadas fan dano nas pernas.
O día ameazaba choiva e ao chegar a Chelo cumpriu a súa ameaza. Dous días vindo ao Mandeo e os dous con choiva xa empeza a ser unha constante, menos mal que ao final da mañá deume un respiro. Comeza a ruta, como sempre, pola beira esquerda do río camiño da central do Zarzo, paso o antigo balneario do Bocelo e a central para continuar ata que se acabe o carreiro, subo á canle e sígoa. Ao chegar a unha escaleira de ferro, tipo escala de barco (esta escala é para subir os tres metros de altura da canle e poder seguir polo camiño que hai polo outro lado), baixo polo camiño que se abre pola dereita en dirección á antiga central dás Pías, a baixada ao principio é de normal a pronunciada pero ao final cae case en picado, hai que pór moito coidado en non escorregar porqué non paras ata o río. Abaixo, onde debería estar a central, só queda unha pequena chaira e no centro unha torre de alta tensión, nótase que tiraron hai pouco o edificio.
Cruzo o río por unha ponte de madeira, a paisaxe cambia dos eucaliptos a vexetación de ribeira, pero soamente neste lugar porqué, ao pouco, polo outro lado, volven aparecer. Na outra beira aparece un camiño ancho, voume pola dereita nunha subida en zigzag. Ao chegar a un cruce de camiños atópome cunha frecha verde nunha árbore, decido seguila haber onde lévame, seguro que a marcaron os das BTT. Despois de pasar por un bosque de eucaliptos o camiño convértese en pista asfaltada que sempre en subida chega a un cruce, pola esquerda vaise á Brea e a O Combarro e pola dereita á igrexa de Santiago de Ois, voume pola dereita. A igrexa está rodeada polo cemiterio, esta disposición téñoa observado moito pola zona de Miño e Betanzos. Na estrada está o cruceiro, un bo sitio para parar e tomar unha maza.
Eu tiña pensado continuar pola estrada ata O Casal pero a frecha verde desvíase por un camiño á dereita, pois alá vou. O camiño morre nunha pista asfaltada, sígoa pola esquerda ata que a frecha vólvese a desviar pola dereita a outro camiño. O camiño vai por detrás das casas de Balias, atravesa o regato de Pia e empeza a subida á aldea de Caresma. Ao chegar ás casas métome por un camiño á dereita, pero unha señora moi amable dime que acaba nas leiras, sigo ata o asfalto e logo á dereita. No centro da aldea hai un cruce a modo de praza, voume pola dereita coa esperanza de atopar o camiño de baixada ao río, uns señores dinme que é ese. O camiño é todo en baixada ata o río, pon a proba os xeonllos e as coxas. A vexetación vai cambiando dos eucaliptos a carballos, castaños, abeleira, algún que outro acivro e moitas arandeiras polo sotobosque.
Xa se empeza a escoitar o rumor da auga do Mandeo e entre a vexetación pódese ver a central do Zarzo, ao intre chégase ao río. Continúo pola beira ata Chelo coas pernas cansas pero con ganas doutro día continuar ata a Espenuca e baixar por un camiño que segundo parece acaba xusto en Chelo pero, iso, outro día.

Descarga do Track: rio-mandeo-chelo-zarzo-pias-ois-caresma-chelo-18-de-abril-de-20091

 

Leave a Reply