Con este artigo inicio unha serie que vai tratar deses ataques que sofre a natureza e polo tanto todos nós. Non son rigorosos, cientificamente falando, pero o que si son moi evidentes.
O río Castro é un afluente, polo seu caudal moi importante, do río Grande de Xuvia. Nun paseo por ese río, o día 23 de abril de 2009, puiden descubrir na auga unha cor branca, como turbio, ao principio pensei que era un problema de luz, de reflexos. O problema fíxose evidente cando cheguei a un afluente e puiden comparar as dúas augas, corren paralelas durante uns metros, unha turbia e a outra transparente, ata que se mesturan. Fun río arriba para ver se atopaba a causa pero se me facía á camiñada un pouco longa.
|
|
Pódese apreciar a cor da auga nas duas fotografias
|
|
Na fotografia vense as duas cores da auga, á esquerda río Castro e á dereita o seu afluente |
É posible que non fose nada importante pero, ¿e se o fose?, tiran ao río todo tipo de substancias e non nos decatamos.
