Febreiro 2012
L M M X V S D
« Abr    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

Central do Zarzo

A central eléctrica do Zarzo basea o seu funcionamento no desnivel do terreo á altura do río Zarzo e por gravidade, mediante uns tubos, fai circular auga a presión para mover unhas turbinas. Auga que toma do propio Zarzo e do Mandeo mediante unhas canles. Estas canles teñen un desnivel pequeno, o suficiente para que auga non quede estancada, mentres o río segue co seu desnivel, que adoita ser grande. Cando a diferenza de niveis da canle e do río é suficiente se embalsa o caudal do primeiro e faise descender por uns tubos ata a central.
Este sistema utilízano as centrais do Parrote (río Parrote, afluente do Eume), o Belelle, a antiga central da Ventureira no Eume tamén se baseaba neste sistema.

central-e-pantano-do-zarzo.jpg


Na central do Zarzo a auga que toma do Mandeo por unha canle de formigón dun ancho aproximado de dous metros e un alto que en moitos tramos supera os tres. Segundo os meus cálculos, sobre o mapa, ten un longo de sete quilómetros. Imaxinarvos no monte unha construción destas características a barreira que supón para os animais e o non animais, respectaron algúns camiños outros os desviaron ao longo da canle e a outros lles puxeron unha escala metálica, coma se os carros subisen por elas ou os animais.
A fauna queda encaixonada por unha banda polo propio río e polo outro por esa caixa de morte. Caixa de morte por estar aberta por arriba e ademais non a pegaron á ladeira do monte co cal queda un espazo entre a terra e o cemento dun metro, lugar perfecto para que baixe un animal e non poida saír. En fin dubido que pasase o informe de impacto medioambiental e se o pasou ¿quen o asinou?

 

  OLYMPUS DIGITAL CAMERA           OLYMPUS DIGITAL CAMERA
 Aqui podese ver o ancho, si cae algun animal non sale vivo  ¿quen pode saltar semellante barreira?
  OLYMPUS DIGITAL CAMERA           OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Fotografia tomada desde un dos camiños que respectaron
Sen palabras

 

 

 

Deixar unha contestación

 

 

 

Pode usar estes marcadores HTML:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

*