Setembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

En Caamouco.Net

Como facer un mapa GoogleMaps cunha ruta

 

Imos crear un mapa en GoogleMaps para poder compartilo e moitas máis cousas. En primeiro lugar, como é lóxico, necesitamos unha ruta gravada polo GPS, pero hai un problema, o Googlemaps non traga máis que con arquivos KML ou KMZ do GoogleEarth, polo que primeiro temos que crealos.

Paso 1.- Crear arquivos KML ou KMZ.
Abrimos o GoogleEarth e na barra de ferramentas de arriba imos a Herramientas/GPS e sáenos un cadro no que temos que meter que tipo de GPS temos, Garmin ou Magellan, non sei se admite algún máis.

Ao picar en importar buscamos o arquivo no noso computador ou no GPS e, en teoría, teremos o arquivo cargado co que poderemos velo o GoogleEarth.
No menú da dereita, en “Lugares” e en “Lugares temporales” debe de aparecer o arquivo en cor azul, xa só queda picar co botón dereito do rato e seleccionar “Guardar lugar como” para ter no noso computador o arquivo en cuestión.

Paso 2.- Cargar a ruta en GoogleMaps.
Como é lóxico abrimos o GoogleMaps (Internet Explorer/ Google, no menú de arriba picar en Maps).
Para poder crear o mapa é necesario rexistrase en Google, é gratis e sérveche para unha chea de aplicacións, porque ultimamente todo é de Google.
Ao entrar en Maps sáenos a pantalla da figura, nela ímonos a “Crear un mapa novo”.

 

Pediranos Acceder a GoogleMaps coa conta que temos.

 

 

Poñemos nome ao noso mapa e despois picamos en “Importar”,

 

 

no cadro que se abre buscamos, mediante “Examinar”, o arquivo creado anteriormente, basta picar en “Subir desde archivo” para que teñamos a nosa ruta no mapa. Cada vez que abramos GoogleMaps aparecerán os nosos mapas.

 

 

Ao mapa creado pódenselle poñer esa especie de gotiña ou marca con só picar nela e volver picar onde vaia ir. A esta marca pódeselle poñer nome e cambiarlle o aspecto picando na imaxe que está á dereita.

Xa só queda ir a “Enlazar”, na parte de arriba a dereita, e copiar as ligazóns dependendo do que queiramos facer, ou incrustar o mapa ou pegar a ligazón.

Agora a xogar.

 

Leave a Reply