Setembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

En Caamouco.Net

Calibrar imaxes de mapas

magellan-explorist-210-gr
 
 
   O GPS que teño é un Magellan Explorist 210, o pobre xa ten moitos quilómetros comigo pero aínda me fai a función para a que o comprei.
Actualmente este mundo do GPS cambio unha barbaridade, desde os navegadores dos coches, PDAs, ordenadores portátiles e inclusive os móbiles. Hoxe en día ir navegar sen GPS non se concibe, vellos tempos en que había que tomar referencias para as marcas das fanecas, A Cercada con ou piñeiro dá Chaira e a Escancha do Mourón con o …
¿Cal é o máis adecuado para practicar sendeirismo? Esta pregunta fíxenma o día que fun a comprar un GPS, nun principio estaba inclinado por unha PDA, iso de ver nunha ortofoto por onde vas camiñando atraíame moito, de feito comprei unha, mellor dito encargueina porque non a tiñan no comercio.
Era venres e quería camiñar o sábado co meu GPS novo co que fun a mercar o meu PDA, no comercio dinme que non a tiñan que a van a encargar, eu estaba como un neno con zapatos novos, polo que me fun a outro comercio e comprei o GPS de man o Magellan que teño agora, pensei en utilizalo o sábado e, se non me gustaba, devolvelo o luns. Chego o sábado decidín ir camiñar ao Forgoselo, a mañá estaba estupenda, sen vento, o ceo cuberto, todo parecía indicado para estrear o meu GPS novo. Cando levaba unha hora camiñando ponse a orballar, non parou en toda a mañá, esa foi a proba de ouro para o Magellan. Pensaba que se me ía a estragar con tanta auga, metíao por dentro do impermeable e molláballeme máis coa suor, sacábao fose e eran caerlle unhas pingas gordas de auga que non se vía nada a pantalla. Se levase unha PDA non pasaba dese día, co que a dúbida de cal compro quedou solucionada, o GPS de man xa non o devolvín á tenda.
Xa teño GPS, agora queda poder traballar con el na casa. Para iso utilizo o programa CompeGPS, hai outros como o OziExplorer pero non tiña conexión por USB, só era serie, polo que me decantei polo primeiro.
O Compe utilízoo para descargar as rutas do GPS e poder velas no ordenador, tamén se tes rutas para poder subilas ao GPS e seguilas logo polo monte e para máis cousas. Pero isto sen mapas non serve de moito e máis, sen mapas que teñan o detalle de camiños e carreiros, ou sexa, mapas topográficos ou fotos aéreas (Ortofotos).
Aquí vou tentar explicar como consigo eu eses mapas. O mesmo Compe ten unha opción para poder descargar mapas de internet pero eu nunca fun capaz que descargase ningún, co que tiven que buscalos por outra vía.
– Unha vía é comprar os mapas topográficos do Instituto Geográfico Nacional da escala 1:25000 ou a de 1:50000.
– Outra vía é baixalos de internet, da paxina do Sigpac ou do Google (esta última nunca me funcionou). Con esta vía podes conseguir tanto mapas topográficos como ortofotos.
Se te inclinas por comprar os mapas tes que saber que tes que  escanealos primeiro e logo xeoreferencialos ou calibralos. Escanealos, pódelo facer nunha fotocopistería que dispoña de escáner grande. Tamén hai quen o fai na casa co escáner de A4 e logo une os anacos, pero isto é moi lioso, por dous euros que cobran por escanealos non vale a pena. Unha vez que temos a imaxe do mapa en cuestión temos que calibralo para que o Compe saiba onde ten as coordenadas.
Abres o Compe e no menú Mapas hai unha opción de Calibrar mapa a partir dunha imaxe, mándache buscar a imaxe no teu ordenador, vale calquera tipo de imaxe (jpg, bmp, png, tiff),

 

unha vez aberta a imaxe aparece a pantalla de calibración, onde tes que ir marcando puntos na imaxe e indicandoñe ao Compe que coordenadas corresponden a ese punto.
Na primeira pantalla pos o tipo de proxección, eu utilizo a UTM pero tamen é moi cómoda a de Lonxitude/Latitude. Tamen hai que seleccionar o Datum, aquí o mais aconsellable é pór o que vén por defecto, o WGS 84, ou o European 1950. Os GPS utilizan internamente o WGS 84, que digamos é o internacional, con todo os mapas topográficos do ING utilizan o European 1950, eu póñoo neste último. Logo hai que pór a zona e o Hemisferio, a zona de Galicia e parte de León correspóndelle a 29.

 
Picas en seguinte e vén para poder sacar os marcos aos mapas no caso de que os teña. Picas outra vez en seguinte e aquí é onde hai que pór as coordenadas dos puntos, para iso picas un punto no mapa e pos as coordenadas correspondentes. Eu aproveito as raias azuis do mapa para pór un punto, hai quen os pon nos vértices xeodésicos,(ao pe do mapa veñen as coordenadas dos vertices) iso é a xuízo do persoal.
 
 
Eu recomendo calibrar con catro puntos aínda que con dous é suficiente. O programa xa sabe que os puntos intermedios corresponden ás coordenadas intermedias, co que calquera punto do mapa está identificado.
Unha vez calibrado picamos en gardar e xa está, xa temos o noso mapa listo, o programa xera un arquivo co mesmo nome que o do mapa pero coa extensión .IMG. Isto pódese facer con calquera imaxe de mapas.
Hai que ter a precaución de gardar os dous arquivos xuntos porque o programa abre o arquivo IMG e busca o da imaxe.
Como baixar mapas de internet vouna explicar noutro artigo para non facer isto moi longo.

Leave a Reply