Setembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

En Caamouco.Net

Conseguir mapas

Para conseguir mapas desde internet eu utilizo varios métodos:
Desde o Instituto Xeográfico Nacional (
http://www.ign.es/ign/es/IGN/cartoteca_MapTopo.jsp)
Desde o SITGA (
http://sitga.xunta.es/sitga/#)
Desde a paxina do SIGPAC (
http://sigpac.mapa.es/fega/visor/)

Instituto Xeográfico Nacional
Na paxina que sae ao picar na ligazón seleccionades en “
Realizar búsqueda de Mapas: Seleccione una opción
” Mapas MTN50-MTN25. No menú seguinte pódese buscar por nome ou por número de folla, seleccionades por folla hai que pór o numero de folla correspondente. Os mapas topográficos en escala 1:50000 están numerados de esquerda a dereita e de arriba a abaixo, empezando por Cariño que é o numero 1.

  

 

Un mapa de escala 1:50.000 correspóndese con catro mapas de escala 1:25.000. A numeración que recibe cada folla 1:25.000 é a mesma que a da folla principal seguido dun I, II, III, ou IV, ordenado de esquerda a dereita e de arriba a abaixo, como mostra o seguinte debuxo:

 

Volvendo á páxina do IGN ao buscar un mapa ábrese unha lista cos mapas que hai dixitalizados,

só quédanos picar no máis moderno (lóxico), por exemplo, ao buscar a folla 21 aparécenos o da figura:
E ao picar no ano sae:

Imos a “ver mapa en pdf” e gardámolo no noso ordenador.
O interesante disto é baixar un mapa antigo e comparar os cambios, é alucinante a de casas e edificacións que se construíron.
Só quédanos extraerlle a imaxe ao pdf e calibrala co CompeGps. Para poder extraerlle a imaxe creo que non se pode co Adobe Reader fai falta o de pago.

 

SITGA
Ao seguir a ligazón de arriba aparécenos a paxina do SITGA, picar en “Mapa de descarga de cartografía 1:5000. Só Internet Explorer” na zona de “Utidades do Xeoportal” e ábrese o visor de mapas so quédanos utilizar as ferramentas que aparecen na parte de arriba, como ampliar, para ver a zona que queremos.
Seleccionamos a ferramenta de ampliar e picamos no recadro de 21 e ampliarase para saír como o da figura:

 
Picamos na zona que queremos descargar e ábrese unha pantalla co pdf do mapa en cuestión só quédanos gardar unha copia e xa temos o noso mapa no odenador.
Esta páxina está moi ben cando queremos un mapa con moito detalle, fixarvos que veñen ata as terras, a escala é de 1:5000.

SIGPAC
Nesta ligazón ábrese o visor do SIGPAC (Sistema de Información Geográfica de parcelas agrícolas), é unha colección de mapas e ortofotos ou fotos aéreas. O interesante para nós, é á parte de poder esculcar, que está moi ben, pódes pasar horas dálle que che pego ás ortofotos, é que podemos descargar eses mapas ou ortofotos con axuda dun programa que, moi xenerosamente, creou un tal “jrariasf” digo xenerosamente porque é gratis total. Pódelo baixar desde esta ligazón (http://sites.google.com/site/jrariasf/) ou tamén desde estoutro (http://fundacionjsigpac.blogspot.com/) por internet existen numerosos e moi bos manuais deste programa, eu, de todos os xeitos, vouno tentar explicar desde aquí. A vantaxe que ten este programa é que xa se baixan os mapas calibrados para ser utilizados no CompeGps.
Unha vez baixado o programa e descomprimido nun cartafol do computador execútase o .exe e, se todo vai ben, ábrese unha pantalla como a da figura:

  Vemos á esquerda un cadro cunhas frechas é a orixe do mapa, quere dicir que se esta seleccionada a frecha de arriba á esquerda descargarase o mapa de aquí tantos quilómetros á dereita como seleccione en dimensión “X” e tantos quilómetros abaixo como tamén se seleccionou en dimensión Y”. Se o que seleccionamos é a frecha do centro baixásese un mapa dos quilómetros seleccionados pero coas coordenadas marcadas no centro.

 

Un pouco máis abaixo temos para seleccionar o tipo de mapa ou topográfico ou ortofoto e á dereita a resolución, eu sempre baixo co numero máis baixo que me permite, isto é, á máxima resolución.

 

Á dereita disto hai un cadro para seleccionar cos logos ou sen os logos, isto son unhas marcas amarelas que saen nas ortofotos, case non estorban co que é recomendable baixar os mapas con logos porque se non se fai moi lenta a descarga.
Na parte de arriba é onde meteremos as coordenadas en formato UTM, podemos saber cales queremos na paxina do Sigpac. Debaixo vén a zona ponse 29 cando sexa a de Galicia e parte de León, tamén se pode ver no Sigpac. Á dereita están as dimensións, eu recomendo 15×15 quilómetros cando se trate de mapas topográficos e á máxima resolución e 3×3 quilómetros para as ortofotos. Xa só queda picar no símbolo máis e despois en traer. Pódense traer varios xuntos, basta ir poñendoos no cadro “Mapas a traer” e pulsando traer.
 
 
Exemplo de descarga de Curmá, o mapa ten unhas dimensións de 10 quilómetros e está seleccionada a frecha do medio co que son cinco kilometros á esquerda de curmá e outros cinco á dereita  Exemplo de descarga dunha ortofoto, tambien de Curmá, ver como o tamaño o baixei a 4 kilometros. O mesmo que antes son dous lquimétros á esquerda e dous á dereita do punto central, Curmá.
   
 Arquivos baixados e gardados no disco en C:/, sempre os garda ahi.  Ortofoto baixada de Curmá do exemplo anterior.

Leave a Reply