Setembro 2018
M T W T F S S
« Xan    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

En Caamouco.Net

Montes Aquilianos

p5160034

   
Localización: Ponferrada (León)
Data: 16 de maio de 2009
Distancia: 19,42 Km.
Como chegar:

Desde Ponferrada (León), dirixímonos, pola estrada LE-192/21, a Salas de los Barrios, pasamos San Cristóbal de Valdueza e, pola mesma estrada, despois de pasar o porto do Morredero chegamos ao porto de Portillinos, serán uns 26 quilómetros.

Comentarios: Os montes Aquilianos forman parte dos montes de León xunto coa serra do Teleno e as serras da Cabrera Baja. Están situados ao sur da comarca leonesa do Bierzo, forman a fronteira natural coa outra comarca da Cabrera. Teñen varios cumes que superan os 2000 metros: Cabeza de Yegua (2142 mts), Alto das Berdiaínas (2116 mts), Pico Tuerto (2051 mts) e algún máis.
A ruta vai desde o porto dos Portillinos (1890 mts) ata o pico da Guiana ou Aquiana coa súa ermida da virxe da Guiana. O camiño de aproximación en autobús desde Ponferrada ata o porto de Portillinos xa de por si é precioso, coas ladeiras das montañas caendo en picado. No porto está a estación de esquí do Morredero, cando fomos non había neve, só unhas manchas.
Desde o porto encaramos unha subida á estación de esquí, para despois seguir subindo ata un pico cunha antena (2031 mts), despois dunha pequeniña baixada seguimos subindo ata o pico Cabeza da Yegua (2142 mts), seguindo pola cordal baixamos á Silla de la Yegua e nuns sobe e baixa, dirixímonos ao alto das Berdiaínas (2116 mts), despois ao pico Tuerto (2051 mts), aquí a baixada é un pouco máis pronunciada para pasar por un tramo bastante amplo e en chairo. Desde aquí a vísta sobre todo o Bierzo é impresionante, vese claramente a toda Ponferrada coa súa central térmica e o encoro de Bárcena sobre o río Sil. Xa se ve a ermida do alto da Guiana, a medida que nos achegamos divísase a forte pendente que nos espera, menos mal que son poucos metros, unha vez arriba da Guiana a vista sobre o Bierzo aínda é máis impresionante, é unha atalaia sobre toda a rexión.
Despois de comer e repor forzas baixamos por un camiño bastante ancho ata o Campo das Danzas, aquí din que as vistas sobre o Bierzo son bonitas, pero despois de están na Guiana …, continuamos polo camiño ata chegar a un merendeiro ou área recreativa. Aquí esperamos o autobús para empezar a nosa viaxe de volta.

Ver en Google Earth

Descarga do Track: montes-aquilianos-16-de-mayo-de-2009

Leave a Reply