Decembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

En Caamouco.Net

Mina-Lago das Pontes de García Rodríguez

 

P6130018

   
Localización: Concello de As Pontes de García Rodríguez
Data: 13 de xuño de 2009
Distancia: 23,21 Km.
Como chegar: Nas Pontes de García Rodríguez, a praza do Hospital, no centro da cidade, continuase pola avenida de Galicia en dirección noroeste ata unha curva, aquí séguese pola rúa de Pardo Bazán, a ruta comeza unha vez pasado o campo de fútbol.

Comentarios: A ruta en cuestión percorre o borde da antiga mina, e proximamente un lago, que Endesa escavou para extraer o lignito para a central eléctrica.
O inmenso lago artificial alcanzará os 547 hectómetros cúbicos, que equivalen a 547.000 mil millóns de litros de auga, isto é moita auga. Ata agora ven como dúas lagoas, pero chegará a ocupar 865 hectáreas, unha superficie maior que a cidade da Coruña. Alcanzará un perímetro de 17,8 quilómetros, con cinco de longo por dous de ancho e unha profundidade máxima de 206 metros.
O lago alcanza xa os 70 metros de profundidade nalgunhas zonas. Terminarase de encher en 2011, cáptanse anualmente 120 hectómetros cúbicos de auga do río Eume a través dunha canle de 3,3 quilómetros que conecta o río coa antiga mina. Nos meses estivais paran para manter o caudal ecolóxico do río que atravesa o parque natural das Fragas do Eume. O que non din é que non poden captar máis auga porque teñen a outra central, a do Eume, que a necesita. O que observei é que todos os regatos da zona, incluíndo os do Forgoselo, están capturados cara a dúas canles que bordean o vertedoiro e a mina, e iso é moita auga. Non sei para que fin porque parece que as canles teñen os seus aniños o que se é que se trata de moita auga. Logo vén a extracción de auga da propia mina, para que non se alague, a mina esta, literalmente, rodeada de lagoas. Isto ten que ter un impacto nos acuíferos subterráneos enorme. Terras que antes eran ricas en auga agora non, fontes das que xa non mana auga, pozos secos, etc.
A ruta parte dos campos de futbol do Poboado nas Pontes, atravesando a estrada nova de circunvalación de Ortigueira e seguindo polo camiño de en fronte que bordea toda a ribeira norte da mina. O camiño non ten perda, sempre seguindo o máis pegado ao borde superior da mina. Sobre isto hai unha pega, no quilómetro cinco, máis ou menos, hai que subir ao camiño da parte alta porque este acábase. Nunha das lagoas hai unha especie de cortalumes  que sube ao camiño en cuestión o problema é que está relativamente escondido pero con paciencia atópase.
Unha vez arriba a cousa é moito máis fácil o camiño é de terra prensada e en moi bo estado, trátase de seguilo ata chegar á estrada que vai das Pontes a Ferrol, a estrada non a autovía. Aquí toca dar media volta e polo mesmo camiño ata o nomeado cortalumes que sigo pola esquerda, realmente o que fago é seguir polo camiño xa que o outra era unha desviación. O camiño acaba na circunvalación de Ortigueira que a sigo un pouco e de volta ao coche.
Durante a camiñada pódese observar o inmenso buraco que deixou a mina, a cantidade de terra que se extraeu e a cantidade de canles e extraccións de auga que hai en todo o perímetro. O impacto tivo que ser impresionante, basta ver a montaña de cascallos que se ergue un pouco mais haxa aos pés do Forgoselo. Pero todo estaba perdoado polos empregos que xerou na zona.

Ver o mapa en Google Earth 

Descarga do Track: Mina-Lago de As Pontes 13 de xuño 2009

Leave a Reply