| Localización: | Concello de Viveiro | |
| Data: | 14 de xuño de 2009 | |
| Distancia: | 13,04 Km. (sin contar con o de Chavín) | |
| Como chegar: | Vindo do sur pola estrada C-642 en dirección Ribadeo, aínda no centro urbano, xusto despois de pasar a estación de autobuses, viramos á dereita no primeiro cruce sinalizado cara ao monte de San Roque. Só resta seguir as sinalizacións. Nós deixamos o coche no parque de animais en catividade. O eucaliptal de Chavín está a sete quilómetros de Viveiro, pola estrada LU-540, a Viveiro-Vilalba. En Altamira continuamos pola estrada LU-161 a Naseiro e Chavín, nunha chaira preto da ermida de Calvoso deixamos os coches. |
Comentarios: Cando chegamos a Viveiro o día pechouse de néboa e arriba no monte aínda máis co cal acabamos mollados e sen ver absolutamente nada.
O monte de San Roque é un miradoiro natural (iso contáronme) sobre a totalidade da ría e parte da costa, o núcleo urbano de Viveiro e a illa da Coelleira, xa no Vicedo. Hai áreas recreativas, cunha chea de mesas por todos lados, e un campo de tiro a parte do xa mencionado parque de animais en catividade, especialmente gamos.
|
|
|
| Camiño adiante en San Roque | Camiño atras en San Roque |
Da ruta en cuestión non hai moito que contar por que como dixen non se vía nada e dedíqueme, como os demais, a seguir ao “Xefe da cuadrilla”, só dicir que aí está a ruta do GPS e o camiño é ancho e moi cómodo de andar. Subimos a O Penedo, que non é o miradoiro, digamos que oficial, pero si que nos brinda unhas vistas mellores pola súa maior altitude, volvo repetir, iso é o que me contaron, porque eu non vin nada de nada.
Para non irnos sen ver nada decente decidimos ir ata o eucaliptal de Chavín. Este eucaliptal está situado en O Souto dá Retorta, en Chavín (como non). Parece ser que os primeiros eucaliptos de Galicia plantáronos aquí, fai 150 anos, para axudar a drenar as augas das crecidas do río Landro. Entre 600 xigantes que foron plantados entre 1880 e 1912 atopamos ao “Avó”, un inmenso eucalipto branco ou albar (Eucalyptus globulus) que supera os 80 metros de altura e ten un diámetro superior a 2,50 m. Estas cifras son variables dependendo da fonte. O certo é que é árbore enorme, e a zona ten un bonito paseo para pasar unhas horas, percorre un anaco de río e unha canle para mover un muíño, ao final aí unha fervenza.
|
|
|
Descarga do Track: Viveiro. Monte de San Roque con O Sendeiro 14 de xuño 2009
