Setembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

En Caamouco.Net

Picos de Europa: Sotres-Collado Pandebano-Vega de Urriellu

P6270091

Localización: Concejo de Cabrales (Asturias)
Data: 27 de xuño 2009
Distancia: 10,21 Km.
Como chegar: Desde Arenas de Cabrales, na AS-114 que une Cangas de Onís con Panes, 31 e 22 Km, respectivamente, tómase a estrada cara ao sur que leva en 6 quilómetros a Ponte Poncebos. Cruzando o río Cares, hai 11 km máis ata Sotres, pero antes de chegar nunha curva moi pechada (a curvona) comeza a ruta.

Comentarios: Esta foi a miña primeira camiñada aos picos de Europa e quedeime certamente impresionado, son impresionantes, de impresión, isto debe de ser un “DELITO” gramatical pero é igual. Recordo o meu primeiro día nos Ancares, no primeiro quilómetro saquei unha chea de fotografías, todo parecíame enorme, non vira nada semellante, esas montañas, eses vales profundos, pois ben, os picos é todo iso e moito mais. Pérdense as perspectivas, todo é grande, as distancias non son o que parecen.

Se os picos son impresionantes, dentro dos picos o Picu Urriellu (Naranjo de Bulnes) leva a palma. O Picu é emblemático dentro do alpinismo español e a verdade que visto desde abaixo impón, pero aínda impón máis ver as manchiñas minúsculas que se colgan das paredes verticais e que me din que son escaladores. A ruta parte da estrada de Sotres pasando polo collado de Pandébano, majada da Terenosa, Collado Vallejo e finaliza no refuxio J. Delgado Úbeda na vega do Urriellu, aos pés do Picu. Comezamos na estrada que vai a Sotres, un pouco antes de chegar, nunha curva moi pechada, collemos o camiño da dereita que baixa e ao chegar ás cabanas que forman os invernais do Texu desviámonos á dereita para encarar a subida ao collado Cuaceya. A pista sube facendo zigzags merece a pena mirar de cando en vez cara atrás e observar o val do río Duje co pobo de Sotres na outra ladeira, admirar os invernais do Texu desde o alto. Continuando polo camiño imos pola ladeira que baixa de Pena Maín, pasamos pola majada de Roble con cabanas distribuídas por un magnifico paisaxe, proseguindo chegamos a unha especie de aparcadoiro, realmente é un sitio onde os pastores deixan o coche (son os únicos que teñen permitido subir ata aquí), o problema é que todos os coches que hai non son de pastores nin moito menos. A partir de aquí non se pode continuar, non porque estea prohibido, que está, senón porque non hai camiño que se non seguirían ata o mesmísimo Urriellu.

Despois do “aparcadoiro” e antes dunha curva pechada desviámonos por lo carreiro da dereita ata o collado de Pandébano (1.218 m) onde podemos observar o maxestoso Picu Urriellu e á súa dereita o Neverón. Aquí desviámonos á esquerda para seguir polo camiño que vemos a media montaña que nos conduce á majada de la Terenosa, un grupo de cabanas das cales unha é un refuxio. Pasadas as cabanas o camiño continua, sen perdida, sempre a media ladeira e en continua subida. Desde aquí as vistas que temos á dereita son espectaculares, ao fondo pódese ver o pobo de Bulnes e máis aló un anaco da ruta do canón do Cares, encaixado entre impresionantes bloques calcarios. Un pouco máis cerca a majada de Jelguera na saia de Pena de Maín, todo o conxunto é precioso.

O camiño en moderada pendente ata chegar ao paso que se abre nunha zona abrupta do terreo, é o collado Vallejo (1.545 m). Este é un fantástico miradoiro natural sobre o cara norte do maxestoso Picu Urriellu. A partir de aquí a paisaxe cambia radicalmente, desde as bucólicas praderías que deixamos atrás ao mundo da calcaria, tamén nos atopamos coa ampla e impresionante Canal de Vallejo, de fronte pódese ver o carreiro que vén de Bulnes por Camburero e á esquerda o noso, no medio o Jou Lluengu, unha especie de canle en vertixinosa caída cara a Bulnes. O Picu xa non o deixaremos de ver, vai estar aí como un faro. O camiño, que por certo, vese perfectamente encaixado a media ladeira, ao principio baixa un pouco pero despois sube en zigzag ata o refuxio. A subida faise un pouco dura por que hai que contar co o que levamos andado e aínda por riba no tramo final empínase un pouco máis para que non a esquezamos. Como as perspectivas varían moito coas alturas, as distancias non son o que parecen, o Picu, que parece próximo, en realidade aínda falta un bo tramo por percorrer, non damos chegado, é coma se fósese movendo cara atrás. E, por fin, chegamos aos 1.944 metros que se atopa o refuxio.

Aquí tomamos posesión das taquillas para deixar a albarda (mochila), como chegamos relativamente pronto, e para non aburrirnos, decidimos subir pola Canal da Celada ata a Torre do Carnizoso, para iso baixamos polo camiño á beira da fonte do refuxio deixando á esquerda o que utilizamos para subir aquí. Cada vez desviámonos máis á dereita para baixar ao fondo da Canal da Celada e continuar subindo pola senda que remonta a canle pola pedreira da base da Morra de Carnizoso. Chegamos a un punto en que a cousa pasa a ser case escalada e por causa das neveiras a subida faise un pouco complicada, e ao mesmo tempo graciosa, grazas aos esvaróns. Imos sempre pegados á esquerda ata a cima da torre do Carnizoso (2.428 m), á vista temos unhas panorámicas impresionantes sobre todo o cara norte do Picu. A baixada realizámola polo mesmo camiño, agora un pouco máis complicada polas pedras que se ían desprendendo.

Unha vez de volta ao refuxio e antes de cear aínda nos quedan forzas (a min non moitas) para subir á base do Picu nun intento, un tanto patético, de coroar o Urriellu, aínda que só fose a base.

Ver o mapa en Google Earth

Descarga do Track: Vega de Urriellu por collado Pandebano-Majada Terenosa 27 de xuño 2009

Leave a Reply