Xuño 2018
M T W T F S S
« Xan    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

En Caamouco.Net

Picos de Europa: Vega de Urriellu-Terenosa-Bulnes-Poncebos

P6280151

Localización: Concejo de Cabrales (Asturias)
Data: 28 de xuño de 2009
Distancia: 11,89 Km.
Como chegar: Ver Sotres-Vega de Urriellu

Comentarios: Hoxe toca baixar do refuxio de Vega de Urriellu (1.944m.) a Poncebos (aprox. 250 m.) pasando pola majada da Terenosa e Bulnes, o desnivel é de 1.694m. non está nada mal.
Despois de durmir estupendamente no hotel de cinco estrelas. O día amenceu estupendo, vai facer calor pero a esta hora e a esta altura vai ser que non, está un pouco fría a cousa. Comezamos a baixada polo mesmo camiño de onte ata a Majada da Terenosa e na última casa, a das placas solares, sae un carreiro por un portal á esquerda que atravesa todo o prado en dirección ás majadas Jelguera e Jabariega. Este tramo é especialmente bonito, no medio do prado cunha chea de flores silvestres, bucólico e aínda máis divisando o Picu Urriellu ao fondo. O camiño non ten perda só quizais ao final do prado nunha cabana cunha fonte, que temos que desviarnos á dereita. A partir de aquí o camiño empeza a baixar entre arbores cara a Bulnes a beira do río, por momentos a baixada é bastante forte e pon a proba as pernas de calquera. Ao chegar á preciosa aldeíña de Bulnes (650m.), ben merece unha paradiña para repor forzas. Din que Bulnes é o pobo máis incomunicado de España, non sei si é, pero que está incomunicado non hai dúbida, e hoxe grazas ao funicular en funcionamento desde o ano 2001 estao moito menos. Despois de repor forzas continuamos a nosa viaxe polo camiño que pasa por diante do cemiterio e sempre co río Tejo á nosa esquerda. O camiño pasa por diante da boca da estación superior do funicular e continua, xa por un carreiro escavado na roca, pola canle do Texu ou do Tejo. Esta canle foi escavada polo antigo glaciar que baixaba do Picu Urriellu formando o que hoxe en día son: Jou Lluengo, Jou Baixo, a canle de Balcosín ou Valcosín (que das dúas formas atopeino) e a canle do Texu ou Tejo.
O camiño ao principio é algo chairo pero despois baixa facendo os famosos zetas para acabar na pequena ponte do Jardú, aquí cambia de beira e ao pouco chegamos ao río Cares, que atravesamos pola ponte romana da Jaya. De aquí a Poncebos só queda pasar por un túnel e pouco máis.
É de admirar o que tiñan que pasar os habitantes de Bulnes para aprovisionarse de víveres antes de construírse o funicular, parece ser que polo camiño que pasamos é o novo, que aínda había outro máis antigo e en peor estado, o dito toda unha proeza para, por exemplo, comprar tabaco. Hoxe en día o que adoitamos apreciar é a paisaxe, que non cabe dúbida é impresionante, pero o outro non deixa de ser unha proeza.

Leave a Reply