Decembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

En Caamouco.Net

Fragas da Ribeira e Lostegal

P7050047

Localización: Concello de As Pontes de García Rodríguez
Data: 05 de xullo de 2009
Distancia: 19,25 Km.
Como chegar: Nas Pontes de García Rodríguez, a praza do Hospital, no centro da cidade, pola rúa da Habana, ata chegar a o polideportivo.

Comentarios: Trátase dunha ruta deseñada polo club de montaña O Caxado das Pontes, vai polo encoro da Ribeira, o gran descoñecido dos dous encoros do río Eume, e polas fragas de Lostegal, para subir ao monte Carballeira (677 m) e regresar ao polideportivo das Pontes.
As fragas de Lostegal, desde o meu punto de vista, son as segundas fragas do río Eume, as primeiras están en Muras. Digo isto por que lin nalgún sitio que son as primeiras. Pero á parte de polémicas as fragas do Lostegal teñen unha exuberante vexetación composta de carballos, castiñeiros, loureiros, érbedos, acivros, felgos entre outras especies máis. A ruta transcorre por carreiros, camiños e un pouco de asfalto, está totalmente sinalizada e teño que dicir que moi ben, non hai perda. Desde aquí moitas grazas a todos os que colaboraron nesta ruta.
Partimos do polideportivo das Pontes cunha mañá chuviosa como poucas, un orballo persistente, dirixímonos ao encoro da Ribeira por un paseo que bordea o río Eume. Atravesamos o pantano e continuamos polo carreiro da outra beira. Ese carreiro discorre polo borde mesmo do encoro entre unha vexetación de ribeira espectacular, ao principio brezos para logo cambiar a castiñeiros e carballos, coa choiva os verdes aínda se realzaban mais, estaba todo precioso. No empeño de bordear o pantano hai que salvar uns desniveis que os do club nos puxeron unhas cordas para poder facelo máis fácil. Pasamos Vilarbó e penetramos na espesura das fragas de Lostegal, unha contorna magnifica. É unha pena que non parase de chover por que as fotografías tiñan que ser chulas.
O carreiro comeza a subir desde os 400 m aproximadamente ata os 677 m da Carballeira. Despois de pasar o vértice xeodésico desviámonos á dereita, está perfectamente marcado, para ir baixando ao pobo e volver tomar contacto co río Eume.
Desta ruta non teño moitas fotografías pola razón que dixen antes, pero no 2008 xa a fixen en marzo e xuño unha moi parecida tamén polo pantano dá Ribeira, pinchade nos dous enlaces seguintes. Encoro da Ribeira 03 de marzo de 2008 e Encoro da Ribeira 21 de junio de 2008.

Ver o mapa en Google Earth

Descarga do Track: Fragas da Ribeira e Lostegal

Leave a Reply