Decembro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

En Caamouco.Net

Doniños-Prioriño

P7100085

Localización: Concello de Ferrol
Data: 10 de xullo de 2009
Distancia: 14,61 Km.
Como chegar: Autoestrada AP-9, despois da ponte da ría de Ferrol, saída ao polígono Río do Pozo, estrada nova ao porto exterior, ao cabo duns cantos quilómetros se colle a saída a Doniños e unha vez na estrada de Doniños continúase até o final.
Desde ou complexo deportivo da Malata, continuar cara a Valón, non cruce de Valón séguese de fronte, cara a Doniños e unha vez na estrada de Doniños continúase até o final da estrada.

Comentarios: Esta ruta é unha variante de Confurco-Prioriño-O Pieiro, no canto de empezar no Confurco empezamos na praia de Doniños, polo resto é practicamente igual.
Saímos da praia de Doniños preto de Penencia (a praia nin a pisamos). Continuamos á esquerda camiño de Punta Penencia por un camiño de terra, ese día e a esa hora, as nove da mañá, había unhas cantas furgonetas-caravanas dos rapaces que veñen practicar surf. O sitio para acampar non pode ser máis bonito, o que pasa é que como estamos afeitos velo non apreciamos a paisaxe, pero se nos paramos un pouco e vémolo con calma, seguro que nos cambia o punto de vista. Desde aquí sube unha pista de terra en vertical até Monteventoso, o antigo observatorio meteorolóxico da armada, pero o noso camiño desvíase á dereita ao intre de subir, menos mal porque só ver o que sube desmoraliza a calquera. Segue polo bordo dos cantís para pouco despois converterse nun carreiro, no camiño a Prioriño pasa polas antigas baterías de costa. A descrición é a mesma que o artigo arriba indicado, o que pasa que neste me parei máis nas flores que na paisaxe. Despois de Prioriño grande subo pola estrada que vai a O Pieiro pero antes, e despois de pasar unha especie de depósito de auga, desviámonos á esquerda polo segundo camiño para ir ás outras baterías de costa. Retrocedemos polo mesmo camiño e continuar por O Pieiro. Unha vez pasado o pobo abandonamos o asfalto por un camiño á esquerda, nos seguintes cruces ímonos pola dereita, antes fomos a ver os búnker de telemetría, para iso desviámonos un pouco á esquerda. Nos búnker ter coidado cos túneles que saen do chan, de feito hai nun un cabalo morto, o pobre debeu de caer e, claro, non puido saír.
O camiño continúa por baixo das baterías grandes até a base de Monteventoso, que por certo, pasamos de subir, polo que seguimos pola esquerda un camiño que vai rodeando o monte, ignoramos os que baixan. Seguindo este camiño, en todos os cruces, de fronte, internámonos nun bosque de eucaliptos para logo empezar a baixar e chegar ás primeiras casas, A Fraga. Aquí seguimos polos camiños que baixan e chegamos á estrada que vai de Valón a Doniños, continuamos en dirección a Valón e, no primeiro cruce, baixamos pola esquerda para despois seguir por un camiño á esquerda. Este camiño vai bordeando a lagoa de Doniños, ese día había unha chea de libélulas dun azul intenso precioso voando a aquí cara alá. Pronto chegamos ao coche.

Descarga do Track: Doniños-Prioriño-Pieiro 10 de xullo 2009

Leave a Reply