Setembro 2018
M T W T F S S
« Xan    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

En Caamouco.Net

A voltas polo monte da Carballeira

P7200064

Localización: Concello de As Pontes de Garcia Rodríguez
Data: 20 de xuño de 2009
Distancia: 15,61 Km.
Como chegar: Nas Pontes de García Rodríguez, a praza do Hospital, no centro da cidade, continuase pola estrada a Vilalba e a pouco máis dun quilómetro atopase a casa abandonada da cruz vermella.

Comentarios: A ruta proposta hoxe percorre as terras altas das Pontes polo monte da Carballeira pasando por O Caneiro e A Vacariza e gozando das vistas das Pontes e, polo leste, as terras de Muras. A pena é que se pisa mais asfalto do desexado.

A saída é desde a casa abandonada da cruz vermella na estrada de Vilalba, a pouco máis dun quilómetro das Pontes. A un quilómetro e medio está a aldea de Parano, aquí deixamos a estrada xeral e desviámonos pola esquerda por unha pista, en subida, cara ao monte Carballeira. Ao chegar a un cruzamento deixamos o camiño que nos vén pola dereita, por aquí viremos despois, e ímonos á esquerda, cara aos aeroxeradores. Pódese ver desde aquí todo o pobo das Pontes e o súa “mina-lago” enchéndose. Pronto chegaremos á estrada que vai a O Caneiro que seguiremos pola dereita até precisamente ese pobo. Neste tramo a estrada vai sempre en baixada até chegar ao fondo do val do río Eume, na outra beira están as terras de Muras. En O Caneiro podémonos desviar á esquerda (está perfectamente sinalizado) para gozar da área recreativa, do mesmo nome, a beira do río Eume.

Seguindo o noso camiño chegaremos a Caneiro de Abaixo, por lóxica, o anterior era Caneiro de Arriba. Si seguimos a pista topámonos co rego dá Campaiña, é a fronteira entre As Pontes e Muras, pero desviarémonos antes en pleno pobo de Caneiro de Abaixo. Xusto no medio do pobo parte un camiño pola dereita que, por un bo tramo, vai paralelo ao rego Campaiña. Isto xa non é asfalto e os pés agradecen a sensación de pisar herba. O pasar por medio dun bosque de ribeira tamén é agradable. Ao principio o camiño é chairo pero aos poucos vaise empinando en dirección de Vacariza.

Ao pasar a aldea de Vacariza comeza de novo o asfalto para chegar ao cruzamento do principio da ruta. No canto de baixar por onde habiamos vindo, volvemos subir camiño dos aeroxeradores, pero esta vez, ao chegar á estrada de O Caneiro, desviámonos á esquerda. Ao medio quilómetro e, despois de pasar por unha antena, deixaremos a estrada para irnos por un carreiro á dereita monte abaixo. Existen unhas marcas amarelas e brancas da ruta das fragas de Lostegal. O carreiro convértese en camiño e, até chegar ás primeiras casas en Cuiña, seguiremos as marcas. En Cuiña irémonos en todos os cruces pola esquerda e sempre en dirección á estrada xeral de Vilalba. 

 

As Pontes. Parano-Caneiro-Vacariza 20 de xullo 2009Ver en un mapa más grande

Descarga do Track: Parano_Caneiro_Vacariza 20 de xullo 2009

2 comments to A voltas polo monte da Carballeira

  • Keiko

    esta ruta ¿é ciclable? unha aperta

  • Admin

    Na súa gran maioría si o é, só ao final ten un tramo pequeno que persoalmente non me atrevería a percorrelo en bicicleta. Un saudiño.

Leave a Reply