Setembro 2018
M T W T F S S
« Xan    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

En Caamouco.Net

Castelos e Mosteiros

P8290057

Localización: Concello de A Capela, San Sadurniño e Moeche
Data: 29 de agosto de 2009
Distancia: 31,67 Km.
Como chegar: Estrada de Cabanas ás Pontes (AC-564 antes AC-141 ou AC-142) sobre o quilómetro 11 atópase a localidade de As Neves no concello de A Capela. No centro do pobo vaise polo desvío a dereita cara a central eléctrica do Eume e en un quilómetro mais ou menos, despois de pasar onde se fan as vodas, collese a dereita pola estrada que vai a Pazo.

Comentarios: No artigo http://pateo.caamouco.net/gl/archives/561#more-561  falaba dalgún día seguir a ruta dos Castelos e Mosteiros, pois ben ese día chegou. Teño que dicir tamén que como o seu nome indica pasará por castelos e mosteiros, pois non, só pasa por castelos, en concreto dous, Narahío e Moeche, bótanse en falta os mosteiros. O interesante é que fóra desde o Mosteiro de Monfero ata Moeche.

A ruta sae de Pazo na Capela (teño lido que o concello toma o seu nome da igrexa que se erixe en Pazo), segue un tramo do río Belelle ata Cabalar, de aí sobe a Racamonde, no Forgoselo, para baixar, a continuación, ao castelo de Narahío. Segue o curso do río Castro até subir a Igrexafeita e atravesa a autovía das Pontes. Neste tramo lieime e perdín as marcas para atopalas mais adiante. A partir de aquí xa estamos en terras de Moeche.

Parto desde o aparcadoiro do museo etnográfico, á beira da igrexa e un lavadoiro e diríxome pola estrada ata que as marcas métenme nun camiño á dereita que salgue á estrada da central entre Extoxa e Gunxel. Continuo pola pista de en fronte e no seguinte cruzamento, á dereita, cara a Mende, un novo desvío á esquerda por un camiño. O camiño continua ata pasar pola dereita dun prado, onde viro cun ángulo de 90º cara á esquerda. Despois dun pequeno tramo, atraveso a estrada das Pontes e paso por Vilasuso, cunha curiosa fonte, no cruzamento sigo pola dereita e no seguinte tamén pola dereita ata O Piñeiro. Aquí sigo de fronte para acabar nun camiño que, despois de atravesar un bosque de piñeiros acaba nun prado. Diríxome ao final do prado e baixo á dereita camiño da canle do río Belelle. Sígoo augas abaixo, ata unha estrada na que cambio de beira. Ao principio deste tramo paso por uns prados pero ao pouco penetro nun precioso bosque de ribeira. Abandono o río e o bosque, para toparme cunha pista asfaltada que sigo á esquerda para continuar polo primeiro camiño que salgue á dereita e, no próximo cruzamento, á esquerda. Pronto chego outra vez á canle do río e, como non, ao bosque de ribeira. Este tramo acaba no Muíño do Barreiro, un muíño restaurado  que está nun magnifico lugar, merece a pena unha visita a parte, a contorna do muíño é unha marabilla.

Continuando o noso camiño, cruzo o río e en menos dun quilómetro chego a unha estrada, preto de Santa María de Cabalar, súboa en forte pendente ata un cruzamento que sigo á dereita, aquí a costa tranquilízase. Atraveso a estrada AC-121 preto de Vilardemouros, continuo de fronte por unha pista asfaltada e en pouco máis de 500 metros desvíome á esquerda por un camiño, no seguinte á esquerda e, entre unhas casas outra vez á esquerda. Despois de pasar un pechado de ramas para o gando xa podo dicir que estou no Forgoselo. Aquí o camiño se perde un pouco entre os toxos pero a meta é a pista dos aeroxeradores, polo que non hai perda. Continuo pola dereita e despois á esquerda para, a continuación, outra vez á esquerda. Neste tramo paso polo vértice xeodésico do monte Racamonde que, nun día claro, pódeste deleitar cunhas magnificas vistas. Había un cartel interpretativo do que se ve desde este punto pero, polo visto, hai xente á que lle molestaba.

A ruta continua ata un cruzamento cun camiño que salgue pola nosa dereita, está perfectamente marcado, isto si non lle molesta a alguén por que xa vin algunhas marcas arrincadas. O camiño vai en franca baixada pola outra ladeira da serra do Forgoselo. Despois de chegar a unha pista asfaltada e seguila un pouco cara abaixo abandónoa para seguir por un camiño á esquerda que baixando e baixando chega ao castelo de Narahío.

Hai uns anos (dous ou tres), nunha de tantas camiñadas pola zona, vin que estaban en obras para restaurar o castelo, tamén saíu na prensa. De feito estaban con un guindastre poñendo un tubo para sacar o cascallo da obra. Pois ben, o tubo aínda segue nese lugar e o castelo segue coa mesma pinta. Si non se vai traballar, por favor, saquen ese armatoste.

Sigo pola canle do río Castro augas arriba. Aquí atópome con dous tipos de marcas, as nosas, brancas e amarelas, e outras do carreiro do río Castro. Unhas van por unha beira e as outras pola contraria, é indiferente ir por unhas ou por outras. Despois de percorrer un tres quilómetros e antes de chegar a unha área recreativa o carreiro desvíase pola esquerda, ladeira arriba,  camiño da autovía Ferrol – Vilalba, que pasase por baixo ata a estrada (AC-641) en Igrexiafeita. Percórroa en sentido Ferrol (esquerda) uns metros para deixala por un camiño á dereita. Un camiño ancho que, sempre en baixada, e despois de percorrer un bo tramo déixoa noutra estrada ou pista asfaltada en Borreiros. Sígoa á dereita e, no primeiro desvío, déixoa e voume pola esquerda, o seguinte cruzamento á dereita e continuo pola pista. Neste tramo é onde me despiste e perdín as marcas do carreiro.

Seguindo a pista ignorei os desvíos a Lapas e Santiso, tamén o de As Filgueiras. Un pouco máis adiante cambio de concello, xa estou en Moeche, tamén volvinme a atopar coas marcas. Estas sácanme da estrada para meterme por un carreiro no medio dun bosque de piñeiros. Ao finalizar o bosque chego a unha piscina, déixoa á nosa dereita e voume pola estrada deixando tres cruces pola esquerda e no cuarto funme á dereita, continuando pola estrada chego ao mesmo sitio pero é máis cómodo o camiño. Ao volver outra vez á estrada sígoa pola dereita e no seguinte cruzamento tamén á dereita e xa cheguei o meu destino, o castelo de Moeche.

Castelos e Mosteiros Ver en un mapa más grande

Descarga do Track: Castelos e Mosteiros

Leave a Reply