Marzo 2010
L M M X V S D
« Dec    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

¿De quen é o monte?

Hai unha páxina en internet de ecoloxistas en acción onde te podes declarar non cazador. Isto pode parecer, a primeira vista, unha bobada pero non o é e vouno a explicar.
Imaxinarse que estades na praia tranquilamente tomando o sol e veñen uns rapaces a xogar ao fútbol e mánchanvos de area, ¿Que facedes?, como mínimo, protestades e de aí para arriba. Pero isto non acaba aquí, os rapaces ponse fanfurriñeiros e ameázanvos con darvos unha malleira, ou algo parecido. Isto é totalmente inxusto mesmo chamariades á policía, ¿non?.
Pois ben, cando vou ao monte a camiñar atópome a eses grupos de cazadores armados até os dentes e cos seus cans. Cando paso á beira deles os saúdo, “bos días”, os meus pais ensináronme educación, eles xa empezan coas típicas bobadas: “si foses traballar”, “non sabes o perigo que corres”, “eu a ti daría media volta”, “isto non é para xente de cidade, isto é para homes” e demais comentarios de cuadrilla de matóns. Continúo o camiño, pero coa mosca detrás da orella, e no primeiro cruce desvíome á estrada máis próxima, porque non tardas en escoitar os tiros deses “defensores da natureza”.
Por iso e algunha cousa máis reivindico o meu dereito a camiñar por onde me de a gana, sen facer dano a ninguén nin a nada, porque o monte é de todos.

Algúns me din que xa existen sitios preparados para camiñar, pretenden encerrarnos en reservas como aos indíxenas de Norteamérica. Pois ben, tamén hai sitios para disparar a unhas dianas, (campos de tiro), con todas as comodidades.
Botar unha ollada ás ligazóns de máis abaixo, non teñen desperdicio, mención especial merece os coñecementos necesarios para poder aprobar o exame de cazador.

http://www.foromtb.com/f11/licencia-para-matar-rio-xubia-naron-coruna-378275.html#post5609697

http://huellascantabria.foroactivo.com/caza-y-pesca-f16/un-cazador-mata-accidentalmente-a-un-ciclista-t1006.htm

http://www.cuesta-arriba.es/senderismo/%C2%BFel-monte-para-todos-o-unos-pocos/

http://www.20minutos.es/noticia/543273/0/cazador/matar/menor/

http://www.20minutos.es/noticia/452146/0/cazador/fallece/disparo/

 

Un comentario de¿De quen é o monte?

  • O de Curmá

    Completamente dacordo, os seteiros temos o mesmo problema, co agravante que a temporada é coincide co arranque da dos cazadores.
    Fai anos os cazadores eran os que máis disfrutaban deste recurso común, agora xa non o teño tan claro, pero o que sí sei que non teñen a exclusiva. Pero claro, esta xente vai armada. Esto fai que se precise dalgunha regulación, porque disfrutar da natureza pode convertirse en perigoso por conta desta xente.
    Gracias por sacar o tema.

Deixar unha contestación

 

 

 

Pode usar estes marcadores HTML:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>